O Concello de Culleredo lanza un amplo plan de formación cun obxectivo claro: incrementar a capacitación e así promover a inserción laboral de veciños que se atopen en situación de desemprego. A Concellaría de Formación deseñou un programa que conta con 224 prazas en modalidades elixidas segundo as necesidades do mercado laboral.
O goberno municipal tivo en conta as necesaidades cambiantes dos postos de traballo á hora de configurar a oferta de accións formativas. A concelleira de Formación, Marta Iglesias, apunta e ao mesmo tempo que se procura a mellora da capacitación, “o plan está dirixido a formar na actualización e reciclaxe profesional”.
O plan de formación terá lugar durante os próximos meses no centro municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso”, situado no Burgo, na rúa Antonio Machado. As accións formativas incluídas son as seguintes:
CURSOS
OBRADOIROS
FORMACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE
O plan está destinado a veciños de Culleredo, preferentemente en situación de desemprego e inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia. A inscrición nas acción realizarase do 3 ao 9 de abril. Para máis información pódese contactar co centro municipal Pablo Picasso no número 981 66 42 04.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER