O Concello de Culleredo lanza unha campaña solidaria de recollida de alimentos e produtos de hixiene infantil para colaborar coas familias sen recursos do municipio. Nos centros de ensino de infantil e primaria e no IES, a campaña desenvolverase entre o 15 e 19 de decembro. Nos centros de titularidade municipal e outras entidades colaboradoras a campaña durará ata o 28 de decembro.
O Concello de Culleredo abre a inscrición para un curso de poda e enxertos, que conterá tanto de sesións teóricas como prácticas de campo. A acción terá lugar na aula de Natureza do Burgo os sábados 15, 22 e 29 de novembro.
O Concello de Culleredo lanza un programa de formación para que os mozos e mozas do municipio podan obter o carné de conducción BTP. É a titulación que posibilita para conducir vehículos de tipo B para taxis, transporte escolar e todo tipo de prioritarios.
O goberno de Culleredo responde á gran afección polos cogomelos que existe agora no municipio e na comarca con dúas edicións do curso de micoloxía. Terán lugar a finais de outubro e principios de novembro. Preinscrición aberta ata o 7 de outubro.
O Concello de Culleredo lanza un amplo plan de formación co obxectivo de incrementar a capacitación e así promover a inserción laboral de veciños que se atopen en situación de desemprego. O programa conta con 289 horas e 148 prazas en modalidades elixidas segundo as necesidades do mercado laboral.
O Concello de Culleredo organiza un obradoiro de fotografía dixital no verán. A iniciativa contará dunha modalidade en nivel de iniciación e doutra en nivel de perfecionamento, de cara a responder as necesidades dun rango maior de veciños. Os talleres terán lugar de 21 de xullo ao 4 de agosto no centro municipal de formación Pablo Picasso.
Dende a Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego do Concello de Culleredo vanse levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego.
No mes de abril a Asociación Galega de Apicultura estrea o seu programa de formación apícola no Concello de Culleredo, coa celebración do Curso de Iniciación á Apicultura os días 4, 5 e 6 de abril no Xardín Botánico de O Burgo.
O goberno de Culleredo busca apoiar ás persoas en situación de desemprego, procedentes do sector da construción, nas súas tarefas de procura de traballo. O Concello impartiu esta pasada semana unha formación específica, para estas casuísticas, en prevención de riscos laborais.
O goberno municipal duplica as prazas creando dúas edicións do curso de micoloxía e así satisfacer as peticións realizadas polos veciños. Os dous cursos, de catro días de duración cada un, celebraranse no mes de novembro.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER