O Concello de Culleredo clausurou o plan municipal de formación, lanzado para promover o incremento de competencias profesionais de veciños en situación de desemprego. Foron 145 veciños con estas características os que se formaron coa iniciativa.
Foron un total de 11 cursos, que sumaron un total de 343 horas:
As accións realizáronse nas aulas-taller do centro municipal Pablo Picasso, do mesmo xeito que o acto de clausura. O concelleiro de Desenvolvemento Socioeconómico, Juan Carlos Lovelle, fíxolles entrega dos diplomas. O edil animoulle aos participantes a seguir pola senda da formación como camiño para mellorar as súas posibilidades de inserción laboral.
O Concello de Culleredo confeccionou a súa programación de cursos para desempregados deste ano continuando a súa idea de diversificar a oferta achegándose á demanda real do mercado.
Agora o Concello continuará con accións de formación, neste caso incluídas no plan de formación para o emprego da Xunta. Entre esas accións tamén haberá un curso de hostalaría, en concreto de operacións básicas de restaurante e bar.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER