O Concello de Culleredo organiza un curso de poda e enxertos de froiteiras e ornamentais, dirixido a maiores de idade, preferentemente veciños e veciñas de Culleredo.
Haberá dúas edicións, con 20 prazas cada unha:
- Primeira edición: sábados 10, 17, 24 e 31 de outubro de 2026.
- Segunda edición: sábados 7, 14, 21 e 28 de novembro de 2026.
No seguinte horario e lugar:
- Horario previsto: de 9:30 a 13:30 horas.
- Lugar: Aula da Natureza "Juan Lembeye", Xardín Botánico, en modalidade presencial.
OBXECTIVOS
- Dominar os útiles e ferramentas para facer a poda e os enxertos.
- Coñecer os detalles da poda para diferentes especies e en todas as épocas do ano.
- Coñecer os cuidados, sistemas, preparación, etcétera, para realizar os enxertos de maneira eficaz.
PREINSCRICIÓN
Do 14 ao 18 de setembro de 2026, por rigorosa orde de preinscrición (tendo en conta os
requisitos de acceso sinalados anteriormente) a través do formulario que atoparás nesta páxina web.
As listaxes de admisión e as definitivas, así coma o calendario e horario da actividade, poderán
consultarse, cando corresponda, no taboleiro de anuncios do Centro Municipal de Formación e
Emprego "Pablo Picasso".
- Publicación da listaxe provisional de admisión: 23/09/26.
- Presentación de alegacións: 23/09/26 e 24/09/26.
- Publicación da listaxe definitiva de admisión: 29/09/26.
O Concello resérvase o dereito a cancelar a actividade que non acade un mínimo dun 75% de
participantes.
Os e as participantes terán dereito a un diploma cando rematen a actividade con aproveitamento e
asistisen como mínimo ao 75% das súas horas lectivas.
Para máis información, contactar co Centro Municipal de Formación e Emprego "Pablo Picasso". Teléfono: 981 66 42 04.