Con motivo da celebración das Eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado o próximo 29 de novembro do 2026 e de conformidade co disposto no artigo 39.2 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, se procederá á exposición ao público do CENSO ELECTORAL vixente pechado a 1 de agosto de 2026, que reflexa a información recibida na Oficina do Censo Electoral referida ás altas, baixas e modificacións comunicadas ata o 30 de xullo de 2026, durante o período comprendido entre os días 12 e 19 de outubro do 2026, ambolos dous inclusive.
A consulta poderá realizarse das seguintes maneiras:
En persoa: No concello de Culleredo sito na rúa concello 12 e no Rexistro auxiliar sito na rúa Ramón Cabanillas, 12, mediante a exhibición do DNI, pasaporte ou permiso de conducir, no que apareza a fotografía do titular.
Horario: Luns a venres laborables: de 9:00 a 14:00 horas.
Teléfono da Delegación Provincial de la Oficina del Censo Electoral: 981 217 439
Invitase a todolos cidadáns a revisar a información censal para que o día da votación poidan exercer o seu dereito ao voto sen inconveninte algún.
O que se publica para xeral coñecemento
| Vista previa | Adxunto | Tamaño |
|---|---|---|
| Bando exposición do censo electoral para as eleccions xerais do 29-11-26.pdf | 351.05 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER