Consulta neste apartado os boletíns informativos de Xuventude Culleredo, onde poderás atopar unha selección de procesos selectivos, concursos, certames, convocatorias a premios, bolsas, axudas, obradoiros e cursos.
Do día 28 de maio ao 3 de xuño ábrese o prazo no Conservatorio Municipal de Música de Culleredo para inscribirse nas probas de acceso a 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de grao profesional.
O Conservatorio Municipal de Música de Culleredo publica o calendario de inscrición, probas de acceso e matrícula para o curso 2026/2027.
Do día 28 de maio ao 3 de xuño abrése o prazo no Conservatorio Municipal de Música de Culleredo para as probas de acceso a 2º, 3º e 4º de grao elemental.
O Servizo de Xuventude do Concello de Culleredo convoca os campamentos do CIPAX de 2026, tanto o de deportes alternativos como o náutico H2O.
O Concello de Culleredo abre o xoves 23 de abril o prazo de solicitude para participar na Feira de Artesanía, que se celebrará o 17 de maio na praza Europa do Burgo con motivo do Día das Letras Galegas. A actividade está organizada pola Concellaría de Cultura.
O Concello de Culleredo continúa coa campaña de compostaxe doméstica, coa que busca fomentar a correcta xestión dos biorresiduos nos fogares e promover prácticas máis sostibles no municipio.
Novo período de inscrición no proxecto de formación dos hortos urbanos para asociacións municipais de ámbito social.
O Concello de Culleredo lanza un ambicioso plan de formación destinado preferentemente a desempregados e rexistrados no Servizo Público de Emprego con varios cursos que terán 90 prazas e que darán comezo durante o mes de novembro. Os cursos ofertados abarcan desde hostalería, limpeza industrial, manipulación de alimentos, prevención no ámbito sociosanitario, manipulación de cargas ou fomento do emprendemento. Todas estas accións formativas impartiranse no centro Pablo Picasso e os interesados poderán inscribirse do 27 ao 31 de outubro directamente desde a páxina web municipal.
Publicada a resolución de matriculados no Conservatorio Municipal nas vacantes de Iniciación II e actualización da lista agarda para o curso 2025/2026.
Publicadas as listas de matriculados do Conservatorio Municipal en Iniciación I e Iniciación II para o curso 2025/2026.
Publicadas as listas provisionais de admitidos e excluídos na preinscrición do Conservatorio Municipal a Iniciación I e Iniciación II para o curso 2025/2026.
A Unidade Móbil 03 de inspección técnica de Agrícolas desplazarase ao Concello de Culleredo.
Publicadas as listas definitivas de alumnos e alumnas matriculados en 1º GE, 1º GP, ordinaria e extraordinaria do Conservatorio Municipal no curso 2025/2026.
O Conservatorio Profesional de Música de Culleredo informa de que os aprobados na proba de acceso de 1° de grao profesional que obtiveron praza teñen aberto o prazo para matricularse. Estará aberto desde o luns 16 de xuño ata o día 19, xoves.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER