Mocidade

Boletíns Xuventude Culleredo

Consulta neste apartado os boletíns informativos de Xuventude Culleredo, onde poderás atopar unha selección de procesos selectivos, concursos, certames, convocatorias a premios, bolsas, axudas, obradoiros e cursos.

Culleredo inicia co Comité de Árbitros unha nova edición da súa escola para mozas dos institutos

O Concello de Culleredo dá continuidade un ano máis ao programa Escola de Arbitraxe, no que os mozos do municipio formaranse neste ámbito da man de profesionais do Comité de Árbitros de Fútbol A Coruña. Esta iniciativa, pioneira desde 2023, está destinada ao alumnado de Educación Secundaria e participarán tanto os do IES Rego de Trabe e como os do IES Blanco Amor.
 

O Concello de Culleredo lanza unha nova edición do concurso #AdventoCIPAX con seis xornadas de premios e retos

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, volve poñer en marcha un ano máis o concurso #AdventoCIPAX, que dará comezo o vindeiro luns, 15 de decembro, e desenvolverase ata o 6 de xaneiro. Esta iniciativa, consolidada xa como unha das máis esperadas pola mocidade do municipio, propón diferentes retos creativos con premios semanais. 
 

Culleredo oferta 50 prazas para nenos e nenas que queiran participar como figurantes na Cabalgata de Reis

O Concello de Culleredo abre a convocatoria para que os máis pequenos poidan formar parte da tradicional Cabalgata de Reis de 2026 como figurantes. En total ofértanse 50 prazas, ás que poderán optar nenos e nenas que, a data do 1 de xaneiro de 2026, teñan entre 8 e 10 anos. Terán preferencia aqueles que estean empadroados no municipio.

Culleredo prepárase para celebrar o Samaín e o Magosto con múltiples actividades para todos os públicos

O Concello de Culleredo prepárase para celebrar o Samaín de Ledoño cunha completa programación repleta de actividades para todas as idades. O evento está organizado pola Asociación Cultural O Lagarto de Ledoño coa colaboración do Concello e desenvolverase durante dúas xornadas, os días 31 de outubro e 1 de novembro. Este último día tamén se levará a cabo a Gran Festa do Magosto.

O Concello da a coñecer os gañadores do certame Booktrailer 2025

O Concello de Culleredo deu a coñecer aos dous gañadores do seu concurso "Booktrailer 2025", unha iniciativa para desenvolver unha peza audiovisual curta que promocionase ou transmitise o espírito dunha obra literaria. O primeiro premio foi para a peza "A muller paxaro", de Cristina Varela e Bruno Ramos, e o segundo foi para "O lapis do carpinteiro" de Adrián Gómez.

Campamentos de verán 2025 do CIPAX

O Concello de Culleredo organiza campamentos de verán para a xuventude. A preinscrición está aberta ata o 9 de xuño a través do formulario.

O CIPAX Culleredo retoma os sorteos do AdventoCIPAX neste Nadal con 21 días cheos de agasallos para a mocidade

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, convida aos mozos e mozas a participar nos sorteos diarios do #AdventoCIPAX, que comezan o luns 9 de decembro e rematan o día de Reis, 6 de xaneiro.

Campamentos de verán para a xuventude organizados polo CIPAX de Culleredo 2024

O Concello de Culleredo, a través do CIPAX, organiza campamentos de verán para a mocidade. As actividades desenvolveranse do 1 ao 12 de xullo.

Obradoiro de xogos de roles ocultos para a mocidade

O Concello de Culleredo, a través do Centro de Información e Participación Xuvenil (CIPAX), organiza un obradoiro XOGOS DE ROLES OCULTOS. Terá lugar o sábado 28 de outubro no Centro Virginia Blanco (Fonteculler) en horario de 18:00 a 21:00 horas, e está destinado para a poboación de entre 12 e 30 anos e cun límite de 15 prazas.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina