O Concello de Culleredo dirixe esforzos en materia de educación viaria para os mozos do municipio. O curso de condución segura levarase a cabo en dúas edicións o fin de semana do 25 e 26 de outubro. As sesións impartiranse no espazo multiusos do paseo marítimo do Burgo, en horario de 9:00 a 18:00.
O goberno municipal de Culleredo lanza un programa específico de actividades para os mozos. Desenvolveranse todos os venres deste trimestre, desde o 17 de outubro ata o 19 de decembro, no centro social de Fonteculler.
O Concello de Culleredo lanza un curso de zumba durante o verán, dirixido aos mozos e mozas de 14 a 18 anos de idade, de carácter gratuíto. Terá lugar todos os venres de xullo e agosto en horario de 20.00 a 21.00 horas no centro social de Fonteculler.
O Concello de Culleredo organiza o luns 28 de outubro o obradoiro "Movete con Europa". Está dirixido á mocidade cullerdense, de 16 a 30 anos de idade, co obxecto de dar información sobre os distintos programas europeos á súa disposición.
Unha trintena de mozos, de 18 a 35 anos de idade, acudiron ao curso de conducción segura ante condicións adversas que organizou para mozos o Concello de Culleredo a pasada fin de semana.
O Concello de Culleredo aposta pola creación dunha programación de actividades específica para os mozos do municipio. Nace así o "Outono Xove", que oferta unhas 240 prazas nos principais centros de interese dos veciños de 14 a 35 anos de idade para os meses de outubro a decembro.
O Concello de Culleredo propón unha actividade aproveitando os recursos deportivos da ría do Burgo. Trátase dunha ruta en kaiak pola ría, partindo desde a ponte romana. Desenvolverase os próximos venres 26 e sábado 27.. O venres estará destinado aos mozos de 14 a 17 anos e o sábado aos de 18 a 30 anos. Ambas as rutas terán lugar en horario de 18.00 a 20.30 horas e serán totalmente gratuítas para os mozos empadroados en Culleredo.
O Concello de Culleredo pensa tamén na mocidade coa chegada do verán. No mes de xullo, a Concellaría de Xuventude propón un taller de iniciación á fotografía dixital e un curso de primeiros auxilios. O goberno municipal ten aberta a inscrición a ambas as accións.
A Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Culleredo inicia unha campaña de recollida de tapóns en colaboración coa Fundación Seur, Azteco (planta de reciclaxe de Valencia) e outros concellos do Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos. Os puntos de recollida estarán no Edificio de Servizos Múltiples, o centro Pablo Picasso e os centros sociais con servizo de cafetería.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER