Culleredo oferta 50 prazas para nenos e nenas que queiran participar como figurantes na Cabalgata de Reis

O Concello de Culleredo abre a convocatoria para que os máis pequenos poidan formar parte da tradicional Cabalgata de Reis de 2026 como figurantes. En total ofértanse 50 prazas, ás que poderán optar nenos e nenas que, a data do 1 de xaneiro de 2026, teñan entre 8 e 10 anos. Terán preferencia aqueles que estean empadroados no municipio.
 
O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns, 24 de novembro, ás 9:00 horas e permanecerá dispoñible ata o 10 de decembro ás 00:00 horas. As inscricións deberán realizarse a través da Sede electrónica do Concello de Culleredo. Para formalizar a inscrición será necesario cumprimentar e enviar o formulario dispoñible nos arquivos anexos nesta noticia, indicando a idade, altura e talla do neno ou nena participante. 
 
No caso de que o número de solicitudes supere o de prazas ofertadas, realizarase un sorteo o venres 19 de decembro ás 11:00 horas no Centro Municipal de Formación Pablo Picasso. A cada solicitude correctamente presentada asignaráselle un número, que será o que se utilice durante o sorteo para a adxudicación de prazas. Unha vez finalizado o proceso, comunicarase ás persoas interesadas a participación na cabalgata, así como a información necesaria para a recollida do vestiario dos figurantes. Ademais, elaborarase unha lista de agarda para cubrir posibles baixas ou novas necesidades. 
 
Para calquera dúbida ou consulta, as persoas interesadas poden poñerse en contacto co servizo de Dinamización Local no teléfono 981 66 42 04.
 
Vista previaAdjuntoTamaño
bases_participacion_cabalgata_2026.pdf30.58 KB
formulario_cabalgata_2026.pdf106.73 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina