Culleredo ofrece cursos para preparar as competencias clave e abrir novas oportunidades laborais

O Concello de Culleredo axudará á veciñanza a preparar as competencias clave, necesarias para acceder aos certificados profesionais de nivel 2. O Servizo de Dinamización, Formación e Emprego organiza cursos de apoio para superar estas probas, dentro do compromiso do goberno municipal coa formación e o emprego local.

Culleredo programa obradoiros, charlas, teatro e cine para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller

O Concello de Culleredo presenta o seu programa para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. A axenda, que abrangue todo o mes, contempla obradoiros, charlas e sesións de teatro e cine arredor da igualdade de xénero e das dificultades ás que aínda deben enfrontarse as mulleres.
 

A Asociación de Veciños de Castro Laxe organiza a xornada solidaria 'Todos con Carmiña'

A Asociación de Veciños de Castro Laxe organiza, coa colaboración do músico local Abel Franqueira e do Concello de Culleredo, a xornada solidaria ‘Todos con Carmiña’ o vindeiro 21 de marzo. O evento busca recadar fondos para reconstruír a vivenda de Carmen, veciña de Castro Laxe que perdeu o seu fogar nun incendio o pasado 26 de febreiro.

Aberto o prazo de inscrición para o campamento de primavera "Maxín Galáctico"

As nenas e nenos do Concello de Culleredo teñen a diversión garantida nas vacacións de Semana Santa. Un ano máis, a área de Cultura, Educación, Deportes e Participación Cidadá pon en marcha o Campamento de Primavera, unha iniciativa que facilita a conciliación das familias durante o período non lectivo.

As obras da avenida de Vilaboa comezaron esta semana con afectacións mínimas á mobilidade

A transformación de Vilaboa dá un novo salto. Esta semana comezaron as obras de remodelación do tramo restante da avenida principal e da praza Sagrada Familia, onde máquinas e operarios xa traballan sobre o terreo.

O Entroido apoderarase de Culleredo cun programa pensado para toda a familia

Culleredo latexará co Entroido durante o mes de febreiro. O Concello deu a coñecer este mércores un amplo programa que recolle actividades para todos os públicos e a tradicional romaría de San Blas de Veiga.

Culleredo reforza a participación da comunidade educativa coa renovación do Consello Escolar Municipal

O pleno de Culleredo dá luz verde á renovación do Consello Escolar Municipal e reforza a participación da comunidade educativa no municipio. Na sesión ordinaria de onte, martes, aprobouse a nova composición do organismo, composto por pais e nais, alumnos, mestres e representantes da administración.

Culleredo entrega os premios á decoración do Nadal do comercio e da hostalería local

O Concello de Culleredo fixo entrega dos premios á mellor decoración do Nadal en comercios e establecementos hostaleiros do municipio, uns galardóns que este ano recoñeceron a Tania Louro Salón Peluquería e a Café Bar Toxo Bravo como gañadores do VI Concurso de Escaparatismo de Nadal e do II Concurso de Ambientación de Nadal na Hostalería Local, respectivamente. 
 

Culleredo inicia co Comité de Árbitros unha nova edición da súa escola para mozas dos institutos

O Concello de Culleredo dá continuidade un ano máis ao programa Escola de Arbitraxe, no que os mozos do municipio formaranse neste ámbito da man de profesionais do Comité de Árbitros de Fútbol A Coruña. Esta iniciativa, pioneira desde 2023, está destinada ao alumnado de Educación Secundaria e participarán tanto os do IES Rego de Trabe e como os do IES Blanco Amor.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina