O Concello de Culleredo lanza unha nova edición do concurso #AdventoCIPAX con seis xornadas de premios e retos

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, volve poñer en marcha un ano máis o concurso #AdventoCIPAX, que dará comezo o vindeiro luns, 15 de decembro, e desenvolverase ata o 6 de xaneiro. Esta iniciativa, consolidada xa como unha das máis esperadas pola mocidade do municipio, propón diferentes retos creativos con premios semanais. 
 
Nesta edición, o concurso contará cun total de seis días de premios, un por semana, ademais de dúas xornadas especiais, programadas para os días 25 de decembro e 6 de xaneiro. Para participar, as persoas interesadas deberán responder os retos publicados nas redes sociais de Xuventude Culleredo, dispoñendo dun prazo de cinco días para presentar as súas propostas.
 
Cada xornada contará con varios premios, repartidos entre primeiro, segundo e terceiro clasificado. Os mozos poderán optar a conseguir obsequios como unha tablet, un tocadiscos, unha mini mesa de mesturas, micrófonos, smartwatches, xogos ou suadoiros, entre outros artigos. 
 
Os retos publicaranse semanalmente a través das redes sociais de Xuventude Culleredo, onde tamén se anunciarán os gañadores. A participación realizarase a través das redes sociais Facebook, X, TikTok e Instagram. 
 
Para formar parte do concurso, as persoas interesadas deberán realizar os retos propostos, que poderán consistir en manualidades, vídeos, fotografías ou outras actividades similares, e compartilos nas súas redes sociais acompañados da etiqueta #AdventoCIPAX2025. Ademais, deberán seguir os perfís oficiais de Xuventude Culleredo. As normas completas do concurso están dispoñibles debaixo desta nova. 
 
Vista previaAdjuntoTamaño
normas_concurso_advento_cipax_2025.pdf168.49 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina