Anuncios de Información pública

Aprobación inicial das rectificacións do Plan xeral de ordenación urbana

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de agosto de 2013, acordou revogar parcialmente o acordo de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación urbana nos aspectos concretos indicados no informe do equipo redactor do 13 de agosto de 2013. A dita revogación deixa sen efecto os documentos que resultan substituídos polos rectificados aprobados inicialmente na devandita sesión do 29 de agosto de 2013 e que se relacionan neste anuncio.

Axudas da Xunta para contratar internet vía satélite

O Concello informa de que a Xunta abre a segunda convocatoria de axudas para contratar internet vía satélite para os veciños e pemes que non poden acceder á Internet a través de conexións de cando menos 2Mbps mediante outra tecnoloxía.
 

Exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Urbana

Abrese o prazo de exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Urbana, dende hoxe día 15 de febreiro, durante un prazo de dous meses. Poderá ser consultado nas oficiñas preparadas para tal fin na Casa dos Caseiros, en Villa Melania (Vilaboa) en horario de 10 a 14 e de 17 a 20, ou ben nesta páxina web, nos seguintes enlaces:

 

Impacto Ambiental Ampliación pista Aeropuerto Alvedro

Declaración de impacto ambiental del proyecto Ampliación de la pista del aeropuerto.

Consulta pública previa a elaboración do novo Regulamento municipal de Participación Cidadá e borrador proposto.

Sométese a consulta pública previa a elaboración do novo Regulamento municipal de Participación Cidadá, durante 15 días hábiles, desde o día 6 ao 24 de outubro de 2020, ambos os dous días incluídos, a través da dirección electrónica participacioncidada@culleredo.es, facendo constar no asunto “Consulta previa borrador de Regulamento municipal de Participación Cidadá”.

Exponse tamén a proposta de borrador do novo regulamento.

Acto público na xunta de goberno local do luns 11 de novembro de 2019

A Xunta de Goberno Local que terá lugar o día 11 de novembro de 2019 ás 13.30 horas tratará en acto público no salón de plenos da Casa Consistorial  o seguinte asunto:
 
PREVIA RATIFICACIÓN DA SÚA INCLUSIÓN NA ORDE DO DÍA, PROPOSTA DE FIXACIÓN DO PREZO PÚBLICO DA ACTIVIDADE CICLO DE EXCURSIÓNS "VILAS CON HISTORIA"

Listaxe provisional de admisión de aulas e espazos de Benestar Social

Publicase a listaxe provisional de admisión aos espazos e aulas de benestar 2018-2019 e calendario de matrícula.

Horario das bibliotecas a partir do 10 de setembro

A partir do luns, 10 de setembro, as bibliotecas municipais do Concello de Culleredo contarán cun novo horario.

 

Convocatoria de solicitudes para o uso das instalacións deportivas municipais

Desde hoxe, 4 de xuño, ata o vindeiro 22 de xuño, está aberta a convocatoria de solicitudes para o uso das instalacións deportivas municipais desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019.

 

Campamentos deportivos de verán da Deputación

Xa está aberta a inscrición para os Campamentos Deportivos de verán organizados pola Deputación da Coruña, dirixidos a rapaces de entre 9 e 14 anos. A quenda para o Concello de Culleredo vai do 8 ao 13 de xullo e o prazo para anotarse remata o 15 de xuño. 

 

Cancelada a obra 'House' do 15 de xuño

Cancelada a representación da obra 'House', de Teatro do Morcego, que iba a ter lugar o 15 de xuño en Servizos Múltiples.

XV Campus Multiaventura do Club Baloncesto Culleredo

Do 25 de xuño ao 13 de xullo terá lugar o XV Campus Multiaventura organizado polo Club Baloncesto Culleredo. 

Enquisa do Instituto Galego de Estatística en Culleredo

O Instituto Galego de Estatística (IGE) está a realizar a 'Enquisa estrutural a fogares', unha operación estatística que ten o obxectivo de reflectir as condicións de vida das familias galegas en relación con diversas variables como o nivel de estudos, ingresos e gastos do fogar...
 

Campionato de Tute 2018

Adxuntamos os resultados da semifinal e os emparellamentos para a gran final e o 3º e 4º posto, que se celebra hoxe, venres 1 de xuño, ás 21 horas. 

 

Sorteo público plan municipal de formación laboral 2018

O sorteo público para a adxudicación de prazas correspondentes ás accións formativas do Plan Municipal de Formación Laboral 2018 terá lugar o día 23 de abril de 2018 ás 10:00 horas, no Centro Municipal  de Formación e Emprego “ Pablo Picasso”  do Concello de Culleredo, situado na rúa Antonio Machado s/n, O Burgo, Culleredo.

Plan Municipal de Formación Laboral

Consulta os diferentes cursos do plan municipal de formación laboral, dirixido a veciños e veciñas do Concello de Culleredo preferentemente en situación de desemprego.

Campaña de prevención de incendios forestais: distancias e xestión da biomasa

Consulta as medidas de prevención de incendios forestais que achega a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

 

 

Saída autobús da Campaña de Esquí

O día 2 de febreiro comeza a primeira quenda da Campaña de Esquí 2018 da Deputación da Coruña, na que participa o Concello de Culleredo.
 
 

Realizado sorteo das plazas da Campaña de Esquí

Xa podes consultar o resultado do sorteo das prazas coas que contaba o Concello de Culleredo para participar na Campaña de Esquí 2018 da Deputación da Coruña.

 

Sorteo das plazas da Campaña de Esquí da Deputación

O martes 23 de xaneiro ás 10:30 horas no Edificio de Servizos Múltiples, procederase ao sorteo das 12 prazas concedidas ao  Concello de Culleredo para a campaña de esquí organizada pola  Deputación da Coruña. Este acto ten carácter público polo que poderá asistir calquera interesado/a.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina