O Concello de Culleredo acollerá unha nova xornada formativa sobre compostaxe doméstica, acompañada da entrega gratuíta de composteiros e material complementario. O evento terá lugar o vindeiro 1 de abril, ás 19:30 horas, no Local Social O Noso Lar, e busca fomentar a xestión sostible dos biorresiduos entre a veciñanza.
As persoas participantes recibirán un kit completo de compostaxe, composto por un composteiro, un aireador, unha peneira e un termómetro. A asistencia á xornada formativa é fundamental para garantir o correcto uso dos materiais e maximizar os beneficios ambientais e prácticos do proceso de compostaxe.
A inscrición non é obrigatoria para asistir ao evento, xa que este está aberto a toda a veciñanza. Porén, as persoas que se inscriban previamente poderán axilizar o proceso de entrega do material unha vez finalizada a sesión. Para formalizar a inscrición, pode consultarse https://consorcioam.rsu.gal.
Esta campaña é unha mostra do compromiso do Consorcio As Mariñas coa educación ambiental e a promoción de prácticas sostibles. A compostaxe doméstica permite reducir os residuos enviados a vertedoiros, diminuír a pegada de carbono e obter un fertilizante natural de gran calidade.
Trátase de actuacións cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, a través da subvencións covocadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
Para calquera dúbida ou consulta, pódese chamar ao 981 784 704, escribir a info@consorcioam.org ou rexistrarse directamente en https://consorcioam.rsu.gal.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER