Conservatorio

Conservatorio: modificación prazo de matrícula

Por cuestións organizativas amplíase o plazo de matrícula para o alumnado de avaliación extraordinaria. Dito prazo pasa a ser os días 25 e 26 de xuño.
 

Conservatorio: aberto o prazo de matrícula para 1° de grao profesional

O Conservatorio Profesional de Música de Culleredo informa de que os aprobados na proba de acceso de 1° de grao profesional que obtiveron praza teñen aberto o prazo para matricularse. Estará aberto desde o luns 16 de xuño ata o día 19, xoves.

Conservatorio: aberto o prazo de matrícula para 1° de grao elemental

O Conservatorio Profesional de Música de Culleredo informa de que os aprobados na proba de acceso de 1° de grao elemental que obtiveron praza e escolleron especialidade instrumental teñen aberto o prazo para matricularse. Estará aberto desde o venres 13 de xuño ata o día 17, martes.
 

Conservatorio: aberto o prazo de matrícula para o alumnado de grao elemental e grao profesional

O Concello de Culleredo informa sobre a apertura do prazo de matrícula para o alumnado de grao elemental e grao profesional do Conservatorio Profesional de Música de cara ao curso 2025/2026.

Conservatorio: información sobre as probas e acceso para o curso 2025/2026

O Concello de Culleredo publica a información sobre as probas e acceso para o curso 2025/2026 a todos os cursos de grao elemental e grao profesional do Conservatorio Profesional de Música. Pódese consultar tamén a oferta de vacantes para o vindeiro curso.

O Concello de Culleredo coincide coa ANPA na necesidade de efectuar arranxos no Conservatorio

O Concello de Culleredo coincide plenamente coa ANPA do Conservatorio sobre a necesidade de obras de mellora no centro. O goberno local concorda co BNG e insta á Xunta a asumir o Conservatorio, ao que non achega nada de financiamento a pesar de ser a súa competencia.

Lista de substitución de profesor/a de música do conservatorio do Concello de Culleredo nas especialidades de acordeón/piano, canto, clarinete, composición, frauta, guitarra, percusión, piano, trompeta, saxofón, violín e violonchelo (persoal laboral tempo

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria celebrada en data 15/05/2023, acordou aprobar a convocatoria e as bases da convocatoria de proceso selectivo para a formación dunha lista de substitución de profesor/a de música do conservatorio do Concello de Culleredo nas especialidades de acordeón/piano, canto, clarinete, composición, frauta, guitarra, percusión, piano, trompeta, saxofón, violín e violonchelo (persoal laboral temporal).

O prazo para a presentación das solicitudes será de dez días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP nº 100 de 29 de maio de 2023).

O prazo de corrección de erros e a presentación de reclamacións remata o 17/08/2023.

11/08/2023 Lista provisional de substitución de profesor/a de música do conservatorio do Concello de Culleredo nas especialidades de acordeón/piano, canto, clarinete, composición, frauta, guitarra, percusión, piano, trompeta, saxofón, violín e violonchelo (persoal laboral temporal)

28.08.2023/ 13.20 h. Resolución lista definitiva de admitidos/as e excluidos/as.

08.09.2023/ 12.56 h. Anuncio do Tribunal cualificador. Data realización exame galego, criterios corrección e nomeamento de persoal colaborador.

14.09.2023/17.28 h. Anuncio do Tribunal cualificador da sesión do 8 de setembro. Valoracións das seguintes especialidades: frauta, guitarra, composición, trompeta e violonchelo.

14.09.2023/17.37 h. Anuncio do Tribunal cualificador da sesión do 12 de setembro. Valoración das seguintes especialidades: canto e piano.

18.09.2023/15:00 h Anuncio do Tribunal cualificador da sesión do 18 de setembro. Valoración das seguintes especialidades: percusión e violín.

02.10.223/11.45 h. Resolución aprobación da listaxe de substitucións das especialidades de frauta, guitarra, composición, trompeta e violonchelo.

02.10.2023/15.15 h. Acta núm.4 do tribunal cualificador da sesión do 27 de setembro.

 

 

Proceso selectivo profesor/a frauta do conservatorio municipal

31.05.2023/10.57 h. Convocatoria e bases da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de profesor_a de frauta, polo procedemento de oposición.

16.08.2023/09.00 h. Anuncio DOG

16.08.2023/09.00 h. Anuncio BOE

15.09.2023 14:30 Lista provisional admitidas/os e excluidas/os para a cobertura dunha praza de profesor de frauta

03.10.2023/08.55 h Anuncio BOP lista provisional admitidos e excluídos.

02.11.2023/13.01h.  Anuncio BOP lista definitiva admitidos/excluídos, composición tribunal e data 1º exercicio.

14.11.2023/14.10h. Convocatoria aos aspirantes para o vindeiro día 20 de novembro de 2023 ás 10 horas no salón de plenos do Concello para a lectura pública do primeiro exercicio realizado.

20.11.2023/14.15h. Resultado valoracións primeiro exercicio e convocatoria aos aspirantes, que superaron o primeiro exercicio, para o vindeiro día 30 de novembro de 2023 ás 15:00 horas no Conservatorio municipal de música de Culleredo

02.01.2024/12.58 h. Acta núm. 3

18.07.2024/10.23 h. Anuncio BOP nomeamento persoal laboral fixo.

Culleredo celebra o venres o acto principal do 25 aniversario do Conservatorio

O Conservatorio Municipal de Música de Culleredo cumpre o seu primeiro cuarto de século cunha gran gala de celebración como acto central. Será este venres, 9 de xuño, a partir das 20.00 horas no auditorio do centro. E para conmemorar a efeméride, o Concello e a dirección do Conservatorio propuxéronse reunir a antigos membros, tanto alumnos como profesores ou compoñentes da ANPA que contribuíron a este aniversario.

Culleredo celebra o Galicia Graves con figuras de contrabaixo de renome mundial

Os días 17, 18 e 19 de febreiro de 2017, o Conservatorio Profesional de Música de Culleredo acolle a cuarta edición do Festival Internacional de Contrabaixo Galicia Graves e a terceira edición do Concurso Internacional de Contrabaixo Galicia Graves, organizado pola asociación Galicia Graves e o Concello de Culleredo co fin de promover este instrumento en xeral e especialmente nesta área de Galicia.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina