O Concello de Culleredo lanza un ambicioso plan de formación destinado preferentemente a desempregados e rexistrados no Servizo Público de Emprego con varios cursos que terán 90 prazas e que darán comezo durante o mes de novembro. Os cursos ofertados abarcan desde hostalería, limpeza industrial, manipulación de alimentos, prevención no ámbito sociosanitario, manipulación de cargas ou fomento do emprendemento. Todas estas accións formativas impartiranse no centro Pablo Picasso e os interesados poderán inscribirse do 27 ao 31 de outubro directamente desde a páxina web municipal.
CURSO DE OPERARIO/A DE LIMPEZA INDUSTRIAL
DIRIXIDO A: Preferentemente veciños/as de Culleredo. De 18 anos de idade ou máis. Preferentemente en situación de desemprego e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.
PRAZAS: 10
HORAS: 50
MODALIDADE: PRESENCIAL
CONTIDOS Limpeza, desinfección, tratamento e mantemento de solos, paredes e teitos. Limpeza de mobiliario interior. Limpeza de cristais en edificios e locais. Técnicas e procedementos de limpeza e desinfección con utilización de maquinaria.
Máis información: http://www.culleredo.es/system/files/operario-a_limpeza.pdf
Enlace ao formulario: Operario/a de limpeza industrial
ENFERMIDADE CONVIVIR COA ENFERMIDADE DE ALZHEIMER
DIRIXIDO A: Preferentemente veciños/as de Culleredo. De 18 anos de idade ou máis Preferentemente en situación de desemprego e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.
PRAZAS: 10
HORAS:20
MODALIDADE: PRESENCIAL
CONTIDOS : INTRODUCIÓN Á ENFERMIDADE DE ALZHEIMER Factores de marcadores de risco. Etiopatoxenia. CLÍNICA DA ENFERMIDADE DE ALZHEIMER Fase preclínica. Fase clínica.
Máis información: http://www.culleredo.es/system/files/enfermidade_alzheimer.pdf
Enlace ao formulario: Convivir coa enfermidade de Alzheimer
CURSO DE MANIPULADOR/A DE ALIMENTOS
DIRIXIDO A: Preferentemente veciños/as de Culleredo de 18 anos de idade ou máis. Preferentemente en situación de desemprego e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.
PRAZAS: 20
HORAS: 4
MODALIDADE: PRESENCIAL
CONTIDOS Calidade alimentaria. Alteracións dos alimentos. Manipulación hixiénica dos alimentos. Locais e instalacións. Hixiene persoal. Información de produtos alimenticios: Identificación, etiquetado, caducidade, composición. Hixiene alimentaria: microorganismos nos alimentos, contaminacións, infeccións e intoxicacións alimentarias. Conservación dos alimentos. Lexislación aplicable ao/á manipulador/a de alimentos.
Máis información: http://www.culleredo.es/system/files/manipulacion_alimentos.pdf
Enlace ao formulario: Manipulador/a de alimentos
TAPAS E PETISCOS
DIRIXIDO A: Preferentemente veciños/as de Culleredo. De 18 anos de idade ou máis. Preferentemente en situación de desemprego e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.
PRAZAS: 10
HORAS:20
MODALIDADE: PRESENCIAL
CONTIDOS : Preelaboración de tapas e petiscos. Preparación de tapas e petiscos. Seguridade e hixiene na elaboración de tapas e petiscos. Confección de escandallos.
Máis información: http://www.culleredo.es/system/files/tapas_e_petiscos.pdf
Enlace ao formulario: Tapas e petiscos
EMPRENDEMENTO 4.0
DIRIXIDO A: Preferentemente veciños/as de Culleredo. De 18 anos de idade ou máis. Preferentemente en situación de desemprego e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.
PRAZAS: 10
HORAS:4
MODALIDADE: PRESENCIAL
CONTIDOS : Que é un negocio dixital? Exemplos reais e modelos simples. Ferramentas on line para emprender: deseño, vendas, xestión.
Máis información: http://www.culleredo.es/system/files/emprendemento_4.0.pdf
Enlace ao formulario: Emprendemento 4.0
DANOS NA PEL. PREVENCIÓN DE ÚLCERAS POR PRESIÓN E LESIÓNS CUTÁNEAS POR HUMIDADE
DIRIXIDO A: Preferentemente veciños/as de Culleredo. De 18 anos de idade ou máis. Preferentemente en situación de desemprego e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.
PRAZAS: 10
HORAS: 20
MODALIDADE: PRESENCIAL
CONTIDOS Caracterización das úlceras por presión. Lesións na pel derivadas da humidade: Definición dos principais tipos de lesións. Dermatitis asociada á incontinencia. Principios fundamentais para o diagnóstico das LESCAH e as UPP. Medidas de prevención e tratamento das LESCAH e UPP.
Máis información: http://www.culleredo.es/system/files/danos_na_pel.pdf
Enlace ao formulario: Danos na pel
MANIPULACIÓN DE CARGAS CON CARRETA ELEVADORA
DIRIXIDO A: Preferentemente veciños/as de Culleredo. De 18 anos de idade ou máis. Que posúan o carné de conducir B. Preferentemente en situación de desemprego e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.
PRAZAS: 10
HORAS: 20
MODALIDADE: PRESENCIAL
CONTIDOS TEÓRICOS: A carreta elevadora. Diferentes tipos de carretas elevadoras. Normativa aplicable. Prevención de Riscos Laborais no seu manexo.
CONTIDOS PRÁCTICOS Circulación sobre un circuito: marcha adiante, marcha atras, circulación sen carga, circulación sobre rampa. Circulación con carga. Carga e descarga de palés.
Máis información: http://www.culleredo.es/system/files/carreta_elevadora.pdf
Enlace ao formulario: Manipulación de cargas con carreta elevadora
ACTIVA A TÚA IDEA
DIRIXIDO A: Preferentemente veciños/as de Culleredo. De 18 anos de idade ou máis. Preferentemente en situación de desemprego e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.
PRAZAS: 10
HORAS:4
MODALIDADE: PRESENCIAL
CONTIDOS : Que é emprender? E que non é? As claves dunha idea viable. Exercicios para identificar oportunidades e necesidades reais. Introdución ao modelo de negocio: pensa como unha persoa emprendedora. Casos reais de emprendemento local.
Máis información: http://www.culleredo.es/system/files/activa_a_tua_idea.pdf
Enlace ao formulario: Activa a túa idea
| Vista previa | Adjunto | Tamaño |
|---|---|---|
| operario-a_limpeza.pdf | 273.41 KB | |
| enfermidade_alzheimer.pdf | 266.07 KB | |
| manipulacion_alimentos.pdf | 380.5 KB | |
| tapas_e_petiscos.pdf | 293.94 KB | |
| emprendemento_4.0.pdf | 362.74 KB | |
| danos_na_pel.pdf | 213.02 KB | |
| carreta_elevadora.pdf | 693.24 KB | |
| activa_a_tua_idea.pdf | 292.8 KB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER