O Concello de Culleredo, en colaboración co Consorcio As Mariñas, anuncia que no mes de outubro retomaranse as charlas formativas de compostaxe doméstica, nas que tamén se fará entrega dos composteiros ás persoas inscritas.
Ata o de agora, 100 fogares de Culleredo xa participan activamente nesta iniciativa, reducindo os seus biorresiduos e converténdoos en compost de calidade para uso doméstico. Ademais, hai xa persoas inscritas en lista de espera, o que demostra o crecente interese da veciñanza polo proxecto.
Neste mes de outubro, as formacións, nas que tamén se entregarán composteiros de balde, realizaranse nas seguintes datas e localizacións:
- Venres 3 de outubro ás 17:00 horas en Vila Melania.
- Mércores 8 de outubro ás 20:00 horas no Centro Cívico de Castelo.
- Xoves 16 outubro ás 20:00 horas no Centro Cultural O Noso Lar.
- Luns 20 outubro ás 20:00 horas no Centro Cívico Virginia Blanco.
- Mércores 22 outubro ás 17:00 horas no Centro Cultural O Noso Lar.
- Venres 24 de outubro ás 12:00 horas no Centro Social de Sueiro.
- Mércores 29 de outubro ás 20:00 horas no Centro Social de Celas.
Esta campaña está financiada a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, contando co apoio da Xunta de Galicia.