Alcaldía

Trofeos de fútbol municipais 2025 - Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo gozará durante varias semanas de torneos de fútbol, desde o sábado 9 de agosto ata o vindeiro domingo 31 de agosto. Haberá catro categorías diferentes que permitirán que os distintos equipos do municipio poidan participar, divididos entre afeccionados, veteranos, fútbol base e fútbol feminino.

Información sobre as obras de Emalcsa na avenida Electo Carballo

O Concello de Culleredo informa de que as obras que acaba de iniciar Emalcsa na avenida Electo Carballo, no Portádego, poden afectar á circulación normal pola zona. En concreto, os traballos iniciados onte pola empresa de augas están a realizarse na contorna da intersección coa estrada Nacional 550, e o tráfico está a ser regulado mediante semáforos.

O Concello de Culleredo proporá dedicar o paseo marítimo a Julio Sacristán

O Concello de Culleredo proporá que o paseo marítimo da ría do Burgo pase a denominarse "Paseo Marítimo Alcalde Julio Sacristán", en recordo a quen foi rexedor do municipio durante 34 anos e unha figura clave na transformación urbana, social e económica.

Loito oficial polo falecemento de Julio Sacristán

O Concello de Culleredo lamenta profundamente o pasamento de Julio Sacristán de Diego, alcalde do municipio entre 1983 e 2017, e declara tres días de loito oficial. Descanse en paz.

Dispositivo especial de seguridade polas Festas de Vilaboa

Vilaboa vive desde o 11 ao 15 de xullo seus festexos patronais que organiza a Comisión de Festas. Espérase a afluencia de miles de persoas de Culleredo e arredores polo que os festexos contarán cun dispositivo especial de seguridade da Garda Civil, a Policía Local, o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, ademais do 061.

APP Código Violeta

O Concello de Culleredo ofrece a APP Código Violeta para as festas de Vilaboa e O Burgo, polo seu carácter multitudinario. Trátase dunha aplicación móbil que permitirá a quen poida estar a sufrir unha situación de perigo emitir un aviso automático e urxente ás forzas de seguridade que conforman o operativo na zona.

Accede á web de Código Violeta para descargar a APP.

Bando San Xoán 2025

Con motivo da celebración das festas do San Xoán 2025, resulta necesario regular algúns aspectos da nosa convivencia cidadá.

 

Desconvocado o pleno ordinario do 29 de abril ao non poder cumprir os prazos legais por mor do apagamento

O Concello de Culleredo desconvoca a sesión ordinaria do pleno da corporación prevista para o martes 29 de abril ao non cumprirse os prazos legais de disposición da documentación tras a interrupción da subministración eléctrica.

 

O alcalde de Culleredo destaca o exemplo da veciñanza e dos efectivos de seguridade ante o apagamento

O Concello puxo en marcha un operativo especial aos poucos minutos de producirse o apagamento para garantir a atención á cidadanía

Culleredo Vivo Vive

La Agenda Urbana de Culleredo denominada CULLEREDOVIVOVIVE, es un documento estratégico, no normativo, que servirá de hoja de ruta para el desarrollo sostenible de nuestro municipio, centrado en la planificación y gestión urbana para mejorar la calidad de vida de los habitantes de Culleredo.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina