O Concello de Culleredo informa do inmediato inicio dos traballos, por parte do Ministerio de Fomento, de renovación do firme da Nacional 550 ao seu paso polo municipio. É o paso previo á cesión da vía ao Concello, unha petición do goberno local para xestionar directamente a vía e atender con maior prontitude as demandas veciñais.
As actuacións na rede de parques infantís serán as máis repetidas e cuantiosas no que queda de ano. O Concello de Culleredo, a través dos orzamentos municipais e de distintos plans de obras cofinanciados pola Deputación da Coruña, ten previsto investir nos parques infantís un total de 633.895,42 euros.
O Concello de Culleredo acometerá este ano importantes actuacións para a mellora da rede de abastecemento de auga potable no municipio. A idea do goberno municipal é modernizar as instalacións para garantir o seu correcto funcionamento xa de maneira preventiva.
O Concello de Culleredo executa cada ano numerosas obras na rede de saneamento, co principal obxectivo de seguir completando a rede na maior parte do municipio. En 2016, o Concello acometerá de entrada cinco proxectos neste servizo básico, respondendo a peticións trasladadas polos veciños de varias parroquias.
O superávit logrado polo Concello de Culleredo permitiu aprobar un plan para a amortización de máis crédito bancario e a programación de novos investimentos en resposta ás formulacións dos veciños. A modificación do orzamento, aprobada o pasado xoves en pleno, foi de 1,4 millóns de euros para incorporar novas partidas.
O Concello de Culleredo licita dúas obras cun orzamento de 214.000 euros que veñen dar resposta a varias demandas veciñais en canto a servizos básicos como o saneamento e a rede de abastecemento.
O Concello de Culleredo executará na parroquia de Castelo un novo proxecto de eficiencia enerxética. En concreto, a actuación perseguirá mellorar a iluminación pública da zona con centros de mando que permitirán un control sobre os acesos.
O Concello, coa intención de mellorar a instalación, acometerá a renovación da praza adxacente ao lavadoiro de Bo Home, en Almeiras, que na actualidade séguese a usar por veciños da zona.
O Concello de Culleredo prosegue co seu plan de actuacións de ampliación do servizo de saneamento no municipio. Nesta ocasión programou unha obra de instalación de colectores no centro de Tarrío, completando así a rede de recollida de fecais.
O Consello da Xunta aprobou a cesión do tramo cullerdense da AC-211, unha petición do Concello para facerse cargo da vía urbana que asume maior carga diaria de vehículos para adaptala ás necesidades dos seus veciños.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER