O Concello de Culleredo desconvoca a sesión ordinaria do pleno da corporación prevista para hoxe martes 29 de abril.
A interrupción masiva da subministración eléctrica de onte impediu o acceso e consulta da documentación do Pleno durante gran parte do día non cumpríndose o requisito de estar dispoñible durante dous días hábiles completos –artigo 46.2.b) da Lei de Bases de Réxime Local.
Polo tanto, o Concello debe convocar unha nova sesión plenaria. A resolución foi tratada cos diferentes grupos da corporación.
O Concello informará da nova data da convocatoria.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER