Culleredo prepárase para conmemorar o Día Internacional da Muller cunha ampla programación con charlas, exposicións e máis actividades

O Concello de Culleredo prepárase para conmemorar o Día Internacional da Muller este próximo 8 de marzo, presentando unha ampla programación baixo o lema ‘Dereitos, igualdade, empoderamento’ que inclúe charlas, exposicións e un concerto. Estas actividades serán abertas para todos os públicos e contarán con entrada libre e gratuíta, aínda que tamén haberá outras destinadas a usuarios de diversos centros.
 
A primeira das actividades centrais dará comezo o xoves, 6 de marzo, coa exposición fotográfica ‘Imprescindibles’, programada para as 12:00 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Trátase dunha mostra impulsada pola ONG Movemento pola Paz que se estenderá ata o próximo 15 de marzo. No acto inaugural intervirán a traballadora social Noemí Pedrós e a avogada Vanesa Ramos, quenes falarán sobre os coidados como elemento esencial para a protección da vida.
 
O venres 7 de marzo haberá outras dúas actividades, ambas as no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. A primeira delas será a charla ‘A recuperación de memoria histórica das mulleres’, a cargo da investigadora da USC Fátima Martínez, programada para as 19:00 horas. Posteriormente, ás 20:30 horas, terá lugar o concerto do grupo de pandeireteiras ‘Xilbatuxeiras’, da man da Asociación de Mujeres As Berenguelas.
 
Xa o 17 de marzo inaugurarase a exposición ‘Saúde é nome de muller’, que se poderá visitar ata o 31 de marzo no Pazo de Vila Melania. Esta mostra está a cargo de Médicos do Mundo.
 
O último dos actos centrais deste 8M será a charla ‘A fenda de xénero na saúde mental’, que terá lugar no Pazo de Vila Melania o xoves 20 de marzo ás 19:00 horas. Nela intervirá a terapeuta ocupacional do Sergas Mercedes Seoane.
 
Más actividades nos centros do Concello
 
Ademais, haberá outras catro actividades programadas en distintos puntos do Concello que non estarán abertas ao público, senón que serán para as persoas usuarias dalgúns centros de Culleredo.
 
O martes 11 de marzo celebrarase a charla ‘Fenda de xénero, en serio?’, destinada ás persoas usuarias do Centro Residencial Docente Acea de Ama. O xoves 13 de marzo haberá dúas actividades no Centro de Día do Burgo, coa mostra ‘As nosas pioneiras’ e un concerto de coro do Conservatorio de Música municipal. E xa para pechar a programación, o 27 de marzo organizarase o obradoiro ‘Quen é quen?’ no Centro Ocupacional A Escada.
 
Paralelamente, e como outra das iniciativas municipais para conmemorar o 8M, levará a cabo o estudo sobre ‘Perspectivas de xénero na adolescencia’ desde o Plan Estratéxico Municipal de Oportunidades entre Mulleres e Homes.
Vista previaAdjuntoTamaño
expo_imprescindibles_mpp-8m.pdf216.47 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina