O Paseo da Ría do Burgo acollerá a proba inclusiva ‘Maratón Autonómico Urbano’ de Special Olympics Galicia

O Paseo da Río do Burgo do Concello de Culleredo acollerá o 27º Maratón Autonómico Urbano da asociación Special Olympics Galicia, unhas xornadas competitivas e solidarias para persoas con discapacidade intelectual. A cita terá lugar o domingo 15 de xuño e contará con participantes chegados de toda Galicia. Conta coa colaboración do Concello e FAEMGA Galicia e está promovida pola Asociación Aspronaga.
 
O maratón inclúe distintas distancias adaptadas a todos os participantes co obxectivo de fomentar a integración social e a práctica deportiva entre as persoas con discapacidade intelectual. En total haberá catro categorías diferentes; 3.000 metros, 1.500 metros, 800 metros e 300 metros.
 
Os horarios aínda son provisionais, pero espérase que a proba de inicio a iso das 10:45 horas, cando se realizará un acto de inauguración. Posteriormente, empezarán a competir as diferentes categorías, sendo a primeira a dos 3.000 metros, ás 12:00 horas. Quince minutos despois, ás 12:15, farano os participantes nos 300 metros, ás 12:45 horas será a quenda dos 800 metros e ás 13:30 horas será a quenda dos participantes nos 1.500 metros. O acto de clausura da competición está previsto ás 14:20 horas, pero o evento non finalizará aí, cunha comida ás 15:00 horas e varias actividades programadas en horario de tarde.
 
O Concello de Culleredo axudará na organización do evento e en varios aspectos que foron coordinados na reunión mantida esta semana entre o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, a tenente de alcalde e concelleira de Deportes, Cristina Pardo, o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, o representante da Asociación Aspronaga, Antonio Naya, e a directora técnica de Special Olympics, Eunice Mosquera. Neste encontro pecháronse os últimos detalles do evento, coordinando a organización, os agasallos conmemorativos e outros aspectos fundamentais para o desenvolvemento da xornada.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina