Actualidad

Culleredo promove un ano máis a campaña ‘Reis Magos Solidarios’ para que todos os nenos teñan o seu xoguete

O Concello de Culleredo, en colaboración coa ONG Reyes Magos de Verdad e Coruña The Style Outlets, impulsa un ano máis a campaña do Nadal ‘Reis Magos Solidarios’, unha iniciativa que busca mobilizar á cidadanía para garantir que ningún neno ou nena do municipio quede sen o seu agasallo de Reis. 

O Concello de Culleredo presenta a programación do Nadal 2025

O Concello de Culleredo publicou a programación ao completo para as Festas de Nadal, na que se recollen diversas actividades para todos os públicos.

O Concello de Culleredo lanza unha nova edición do concurso #AdventoCIPAX con seis xornadas de premios e retos

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, volve poñer en marcha un ano máis o concurso #AdventoCIPAX, que dará comezo o vindeiro luns, 15 de decembro, e desenvolverase ata o 6 de xaneiro. Esta iniciativa, consolidada xa como unha das máis esperadas pola mocidade do municipio, propón diferentes retos creativos con premios semanais. 
 

Culleredo impulsa o comercio e a hostalería local cunha nova edición dos Concursos de Nadal

O Concello de Culleredo volve organizar, un ano máis, os tradicionais Concursos de Nadal entre o comercio e a hostalería local, postos en marcha pola área de Dinamización para impulsar a actividade económica do pequeno tecido empresarial nestas datas. Estas iniciativas, moi consolidadas no municipio, buscan recoñecer aos negocios que mellor ambientan os seus espazos con decoracións do Nadal, así como fomentar a participación da cidadanía. 

Festa de Nadal de maiores

O Concello de Culleredo organiza o vindeiro venres 19 de decembro a tradicional Festa de Nadal de maiores. Será de 17.00 a 20.30 horas no polideportivo Ría do Burgo.

Culleredo lanza unha nova edición do ‘Rasca e Gaña’ con máis de 2.500 premios para impulsar o comercio local

O Concello de Culleredo poñerá en marcha unha nova edición da súa xa tradicional campaña do Nadal de apoio ao comercio local, ‘Rasca e Gaña’, que este ano repartirá 2.574 premios entre os clientes dos establecementos adheridos. A iniciativa desenvolverase entre o 9 de decembro de 2025 e o 5 de xaneiro de 2026.

Culleredo oferta 50 prazas para nenos e nenas que queiran participar como figurantes na Cabalgata de Reis

O Concello de Culleredo abre a convocatoria para que os máis pequenos poidan formar parte da tradicional Cabalgata de Reis de 2026 como figurantes. En total ofértanse 50 prazas, ás que poderán optar nenos e nenas que, a data do 1 de xaneiro de 2026, teñan entre 8 e 10 anos. Terán preferencia aqueles que estean empadroados no municipio.

Culleredo impulsa un novo campamento de conciliación durante as vacacións de Nadal

O Concello de Culleredo volve apostar, un ano máis, por ofrecer ás familias do municipio unha alternativa de lecer educativo durante as vacacións escolares de Nadal. Con este obxectivo, a área de Cultura, Educación, Deportes e Participación Cidadá pon en marcha o campamento “A Misión da Garda do Nadal”, pensado para facilitar a conciliación nos fogares durante estas datas. 

O Concello de Culleredo presenta a súa campaña polo 25N co lema “O silencio tamén mata”

O Concello de Culleredo presenta a súa campaña de sensibilización con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, co obxectivo de fomentar a concienciación, a reflexión e o compromiso de toda a cidadanía fronte ás violencias machistas. Ao longo do mes de novembro desenvolveranse propostas culturais, formativas e de concienciación, abertas a distintos públicos.

Culleredo convoca a súa liña de axudas a clubs e asociacións deportivas cun orzamento de 200.000 euros

O Concello de Culleredo convocou un novo plan de axudas para os clubs e asociacións deportivas do municipio. O programa, dotado cun orzamento total de 200.000 euros, ten como obxectivo promover a actividade física, apoiar o mantemento estrutural das entidades deportivas e fomentar a práctica deportiva en todas as categorías.
 

O Winter Park e o Winter Circus volverán encher de maxia o Nadal en Culleredo

A explanada do Paseo Marítimo do Burgo acollerá este Nadal unha nova edición do Winter Park, o parque temático que xa se consolidou como unha das actividades máis esperadas do calendario do Nadal no Concello de Culleredo. 

O Concello de Culleredo celebra o sábado 1 de novembro o gran Magosto Municipal

Culleredo celebrará o vindeiro sábado, 1 de novembro, o seu Gran Festa do Magosto Municipal no parque recreativo de Celas a partir das 18.00 horas.

O Samaín chega á Biblioteca Municipal

Chega 'Samaín na Biblioteca' un recuncho literio cunha variedade de libros con temática de Samaín. Descarga a guía coas propostas das nosas salas de lectura.

Culleredo lanza un ambicioso plan formativo de oito cursos destinado a desempregados cun total de 90 prazas

O Concello de Culleredo lanza un ambicioso plan de formación destinado preferentemente a desempregados e rexistrados no Servizo Público de Emprego con varios cursos que terán 90 prazas e que darán comezo durante o mes de novembro. 
 

Culleredo incorpora catro novos axentes á Policía Local tras completar a súa formación e as súas prácticas

O Concello de Culleredo suma novos efectivos á Policía Local. Hoxe venres tomaron posesión do seu cargo catro novos axentes tras realizar a súa formación na Academia Galega de Seguridade e tras completar o seu período de prácticas no corpo.

Culleredo prepárase para celebrar o Samaín e o Magosto con múltiples actividades para todos os públicos

O Concello de Culleredo prepárase para celebrar o Samaín de Ledoño cunha completa programación repleta de actividades para todas as idades. O evento está organizado pola Asociación Cultural O Lagarto de Ledoño coa colaboración do Concello e desenvolverase durante dúas xornadas, os días 31 de outubro e 1 de novembro. Este último día tamén se levará a cabo a Gran Festa do Magosto.

Culleredo celebrará o Outubro Folk con dúas xornadas cargadas de música tradicional e actividades

A explanada do Paseo Marítimo do Burgo será o escenario, os próximos 24 e 25 de outubro, da celebración do Outubro Folk, un evento dedicado á música e á cultura tradicional galega. A cita está organizada pola Agrupación Folclórica Ancoradoira, que celebra o seu 35º aniversario, e conta coa colaboración do Concello de Culleredo e da Deputación da Coruña. 
 
 

Culleredo acollerá o XXX Festival Internacional de Galicreques a partir do venres 17 de outubro

O Concello de Culleredo volverá participar no Festival Internacional Galicreques, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde. Nesta ocasión, o municipio acollerá ata tres espectáculos na que será a trixésima edición do evento. As funcións, con entrada libre e gratuíta ata completar aforo, terán lugar en diferentes espazos municipais e están dirixidas a todos os públicos, con especial atención ao público infantil e familiar. 

O Concello de Culleredo obtén 6,5 millóns de Europa para a súa estratexia urbana

O Concello de Culleredo logra 6,5 millóns de euros de fondos europeos para levar a cabo a súa Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local. O investimento, que será de 10,9 millóns, destinarase a actuacións de envergadura de mellora urbana, en harmonía coa rexeneración realizada na ría.

Culleredo celebra o domingo 5 de outubro o primeiro Día da Bicicleta

O Concello de Culleredo organiza este domingo, 5 de outubro, a primeira edición do Día da Bicicleta, unha gran festa deportiva aberta a veciños e veciñas de todas as idades. A cita desenvolverase no emblemático Paseo Marítimo do Burgo, un dos espazos máis concorridos polos afeccionados ao deporte no municipio. O evento está promovido por La Voz de Galicia e Radio Voz, e conta co patrocinio de Vegalsa, Eroski e Familia.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina