Culleredo impulsa o comercio e a hostalería local cunha nova edición dos Concursos de Nadal

O Concello de Culleredo volve organizar, un ano máis, os tradicionais Concursos de Nadal entre o comercio e a hostalería local, postos en marcha pola área de Dinamización para impulsar a actividade económica do pequeno tecido empresarial nestas datas. Estas iniciativas, moi consolidadas no municipio, buscan recoñecer aos negocios que mellor ambientan os seus espazos con decoracións do Nadal, así como fomentar a participación da cidadanía. 
 
Por unha banda, o VI Concurso de Escaparatismo de Nadal reúne este ano a un total de 75 establecementos comerciais, unha cifra superior á edición anterior. Na web www.omellorescaparatedeculleredo.com pódese consultar a galería fotográfica de todos os comercios rexistrados e emitir votos para elixir o mellor escaparate. A decoración debe estar vinculada a motivos do Nadal e permanecer visible ata o 7 de xaneiro. Os tres establecementos máis votados recibirán premios de 500, 300 e 200 euros, respectivamente. 
 
Pola súa banda, o II Concurso de Ambientación de Nadal na Hostalería Local busca incentivar tamén a decoración en bares e restaurantes do municipio. Nesta edición participan 21 negocios, aumentando tamén a cifra respecto ao ano pasado. A través da web www.hostaleriadenadalenculleredo.com os veciños poden ver as imaxes de cada local e seleccionar o seu ambiente favorito. Os premios para o tres máis votados serán de 300, 200 e 150 euros. 
 
Os veciños que participen na votación de calquera dos dous concursos entrarán no sorteo de 20 vales de compra valorados en 50 euros cada un en cada certame. Estes vales deberán gastarse nalgún dos negocios participantes. Con esta fórmula búscase non só recoñecer o esforzo de comerciantes e hostaleiros, senón tamén incentivar directamente o consumo local. 
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina