O Concello de Culleredo lanza o Campamento de Primavera 2025 para os días 14, 15, 16 e 21 de abril no CEIP Vila de Rutis, en horario de 09:00 a 14:00 horas.
A temática do campamento será "O misterio da chave perdida". As nenas e nenos participantes participarán en xogos de misterio, enxeño e ousadía con base na mitoloxía na procura das catro chaves perdidas que abren as portas do Reino "Culler".
O campamento forma parte do programa de conciliación da vida familiar e laboral da veciñanza. Está dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos que estean matriculados en Educación Infantil e Educación Primaria.
Ofrécense tamén servizos complementarios opcionais de almorzo e xantar. As prazas son limitadas e teñen preferencia aquelas familias empadroadas no municipio que acrediten convenientemente a necesidade de conciliación.
O prazo de solicitude de praza comezará ás 09:00 horas do 17 de marzo e rematará ás 14:00 horas do 21 de marzo.
A preinscrición farase a través do formulario que estará dispoñible, xunto á información completa, na web do campamento.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
diptico campamento.pdf | 707.65 KB | |
declaracion_responsable_e_autorizacions.pdf | 55.73 KB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER