O programa EducaCulleredo achega o teatro aos estudantes dos institutos

O alumnado dos institutos de Culleredo participa estes días na iniciativa ‘Teatralízache: Alta Costura’, unha proposta que forma parte do programa municipal EducaCulleredo e que achega o teatro á mocidade do municipio.
 
Nesta iniciativa, que deu comezo o pasado mércores, 3 de abril, o alumnado do IES Rego de Trabe, do IES Blanco Amor e do Centro A Escada poderá visionar a obra ‘Alta Costura’, da compañía Elefante Elegante, e participar posteriormente nun espazo de debate sobre a moda actual e os modelos de consumo, buscando a reflexión dos mozos. 
 
Nos próximos días, e ata o xoves 10 de abril, irán participando os alumnos desde 3º da ESO ata Bacharelato, sendo os primeiros en asistir os primeiros cursos do IES Rego de Trabe.
 
‘Alta Costura’ é un espectáculo cómico, irónico e poético sobre a moda e a súa estreita relación co consumo, o recoñecemento social, a contaminación ou as condicións laborais. O espectáculo detense detalladamente na moda coñecida como ‘fast-fashion’ e na filosofía de mercado empregada polas marcas, profundando na rapidez coa que os produtos son desvalorizados, caen en desuso e transfórmanse en lixo.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina