O Concello de Culleredo activa os Consellos Sectoriais como foros para a participación cidadá. Trátase de órganos de carácter informativo, de control e de formulación de propostas de interese para a veciñanza.
Os Consellos están compostos por representantes das asociacións inscritas no rexistro municipal, así como polos grupos políticos que forman parte da corporación.
Para realizar a convocatoria da reunión, o Concello está contactando con todas as asociacións de cara a que comuniquen quen será o seu representante. Se algunha asociación non recibiu o mail, pode dirixirse a
participa@culleredo.es no prazo máximo de 10 días para trasladar os datos do seu representante e poder participar.
Son dous os Consellos Sectoriais, agrupados por ámbitos de actividade:
- Consello Sectorial de Política Social, Mocidade, Deporte, Desenvolvemento Local, Cultura, Festas, Turismo, Urbanismo e Medio Ambiente.
- Consello Sectorial de Facenda, Patrimonio, Administración Electrónica, Participación Cidadá, Educación, Medio Rural, Obras, Servizos e Seguridade Cidadá.
Coa activación dos Consellos Sectoriais, o Concello de Culleredo promove un foro no que as asociacións poden requirir información, elevar propostas en común ou fomentar políticas do seu interese. Esta medida súmase así ao contacto que se mantén desde o goberno local para contar coas entidades veciñais no día a día do acción municipal.