Culleredo prepárase para recibir o Entroido cunha ampla programación para todas as idades

O Concello de Culleredo prepárase para recibir o Entroido cunha ampla programación para pequenos e maiores. Haberá festas os días 28 de febreiro e 1 de marzo, así como animación nos centros sociais municipais entre os días 2  e 5  de marzo.
 
Así, o venres 28 de febreiro, a partir das 17:00 horas, o Centro Cultural O Noso Lar acollerá o ‘Entroido de Maiores’, no que haberá baile e a degustación dos pratos típicos desta época ata as 20:30 horas.
 
Haberá servizo de transporte gratuíto, pero será preciso chamar antes do 26 de febreiro para reservar a praza e comunicar a parada. As reservas poderanse facer no 981 66 55 97 en horario de 9 a 13:30 horas.
 
O primeiro autobús sairá ás 16:15 horas desde o Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, con paradas en Fonteculler (Familia), Corveira, Vilaboa e Alvedro. O segundo autocar sairá ás 16:45 horas de Sueiro, pasando polos lugares que se marcaron ao realizar a reserva de praza.
 
O día seguinte, o sábado 1 de marzo, será o ‘Entroido Infantil’, programado de 17:00 a 20:00 horas. Nesta festa, os máis pequenos da casa poderán gozar da área recreativa de xogos xigantes, xogos populares, obradoiros creativos, animación, photocall temático, glitter bar, flocos de millo, chocolate e zumes naturais.
 
Os días 2, 3, 4 e 5 de marzo, de 17:00 a 20:00 horas, os centros sociais municipais albergarán actividades de animación infantil. En Sueiro, Celas, Ledoñés, Virginia, Blanco Fonteculler, O Noso Lar, Sésamo, Castro-Laxe, Castelo e Orro.
 
Entroido de Veiga
 
O luns 3 de marzo, durante toda a mañá, Veiga celebrará un dos ‘Entroidos’ máis xenuínos de toda a comarca, coa tradicional Romaría de San Blas. Dará comezo a partir das 12:30 horas con múltiples actividades, como a misa e a procesión, o desfile de comparsas ou o xantar popular. Haberá concurso de ‘choqueiros’ e a tan esperada lectura do Testamento, todo amenizado coa actuación da Orquestra Salsarena.
Vista previaAdjuntoTamaño
entroido_nos_centros.pdf36.56 KB
entroido_infantil.pdf79.25 KB
entroido_maiores.pdf262.06 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina