O alcalde de Culleredo destaca o exemplo da veciñanza e dos efectivos de seguridade ante o apagamento

O Concello de Culleredo activou onte aos poucos minutos do apagamento un operativo especial para atender á cidadanía ante o complexo contexto.
 
O alcalde, José Ramón Rioboo, quere agradecer en nome do Concello o exemplo absoluto de civismo demostrado pola veciñanza de Culleredo unha vez máis ante unha situación difícil e excepcional.
 
A nivel de seguridade, reforzáronse as quendas da Policía Local. A noite transcorreu sen incidencias reseñables.
 
Tamén se contou co traballo de numerosos voluntarios e voluntarias de Protección Civil, que colaboraron en servizos como a asistencia a domicilios.
 
O alcalde destaca a dedicación e esforzo levado a cabo polos distintos efectivos de seguridade para ampliar a atención ao cidadán neste contexto mostrando o seu carácter esencial de servizo público.
 
O Concello mantivo así mesmo unha comunicación coa coordinadora do Sergas no municipio para apoiar con xeradores actividades asistenciais en domicilio ou calquera outra cuestión, algo que finalmente non foi necesario.
 
O alcalde falou co director do aeroporto de Alvedro, que lle informou que funcionaba adecuadamente co seu grupo electróxeno.
 
As actividades municipais retómanse hoxe para facilitar a conciliación

 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina