Cambios na organización do feirón de Culleredo do domingo 13 de abril polas obras na zona

O tradicional feirón de Vilaboa, que se celebrará este domingo 13 de abril, experimentará algunhas modificacións debido ás obras que se están levando a cabo nesta zona do Concello de Culleredo.
 
As actuacións obrigarán a trasladar un total de 26 postos do mercado, 15 de alimentación e 11 de téxtil. Estes estarán situados na avenida de Rutis, á altura do CEIP Vila de Rutis.
 
Polo tanto, na zona do feirón, aos cortes habituais, súmaselle o deste tramo da avenida de Rutis. Para acceder ao campo de fútbol, os vehículos deberán acceder a través do Pazo de Vilaboa, xa que a avenida de Ribados estará cortada a partir do acceso ao supermercado Eroski.
 
Consecuentemente, non se poderá aparcar fronte ao mencionado CEIP Vila de Rutis. Na rúa Vicente Risco, o Concello habilitará o estacionamento ata a metade da vía (ata o inicio do feirón) só na marxe dereita, que é a que xa se atopa pintada. 
 
O Concello de Culleredo lamenta as posibles molestias ocasionadas e agradece a comprensión de veciños e visitantes ante estas modificacións temporais ocasionadas polos traballos na zona. 
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina