O Concello de Culleredo presenta a súa campaña de sensibilización con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, co obxectivo de fomentar a concienciación, a reflexión e o compromiso de toda a cidadanía fronte ás violencias machistas. Ao longo do mes de novembro desenvolveranse propostas culturais, formativas e de concienciación, abertas a distintos públicos.
Culleredo celebrará o vindeiro sábado, 1 de novembro, o seu Gran Festa do Magosto Municipal no parque recreativo de Celas a partir das 18.00 horas.
Chega 'Samaín na Biblioteca' un recuncho literio cunha variedade de libros con temática de Samaín. Descarga a guía coas propostas das nosas salas de lectura.
O Concello de Culleredo logra 6,5 millóns de euros de fondos europeos para levar a cabo a súa Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local. O investimento, que será de 10,9 millóns, destinarase a actuacións de envergadura de mellora urbana, en harmonía coa rexeneración realizada na ría.
Culleredo impulsa novas actuacións de calado para a mellora urbana e de servizos do municipio. O Concello acaba de realizar a adxudicación por 2.454.568,97 euros de cinco grandes proxectos na zona urbana e rural.
O Concello de Culleredo abrirá o vindeiro luns, 8 de setembro, o prazo de preinscrición para o programa de actividades municipais culturais e deportivas 2025/2026, que un ano máis ofrecerá unha ampla programación dirixida a todas as idades e parroquias do municipio.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER