O Concello puxo en marcha un operativo especial aos poucos minutos de producirse o apagamento para garantir a atención á cidadanía
O vindeiro 17 de maio celebrarase na praza Europa do Burgo a tradicional Feira de Artesanía, actividade coa que se conmemora en Culleredo o Día das Letras Galegas. Para participar, as persoas interesadas poderanse inscribir a través dun formulario web habilitado desde o 24 de abril ás 9:00 horas ao 30 de abril ás 14:00 horas.
O Concello de Culleredo informa do corte ao tráfico do tramo provincial da rúa San Xiao, en Almeiras, a causa da execución dos traballos de renovación da vía por parte da Deputación da Coruña.
A primeira hora da mañá de hoxe, sábado 22 de marzo, tivo lugar unha rotura na rede de abastecemento de auga en Acea de Ama, causados polos traballos na obra dunha edificación particular, que provocou o derrumbe de parte da beirarrúa, afectando ás tubaxes.
Isto causou a rotura dunha das conducións de auga ao Burgo e provocou cortes e pérdida do caudal en practicamente todo o núcleo desta zona.
Os operarios do servizo de abastecemento de auga municipal xa restableceron o subministro, pero a zona poderá ter episodios puntais de turbidez na auga que irán remitindo ao longo da mañá.
Desde o Concello de Culleredo agardamos que o servizo volva á normalidade na maior brevidade posible.
O Concello de Culleredo lanza o Campamento de Primavera 2025 para a vindeira Semana Santa. O obxectivo é facilitar a conciliación. O prazo de preinscrición abre o luns 17 de marzo.
O Concello de Culleredo coincide plenamente coa ANPA do Conservatorio sobre a necesidade de obras de mellora no centro. O goberno local concorda co BNG e insta á Xunta a asumir o Conservatorio, ao que non achega nada de financiamento a pesar de ser a súa competencia.
Laura Raposo Vigo tomou posesión como concelleira do grupo municipal do BNG no pleno da corporación de Culleredo, celebrado o martes 28 de xaneiro de 2025.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER