Culleredo celebra o domingo 5 de outubro o primeiro Día da Bicicleta

O Concello de Culleredo organiza este domingo, 5 de outubro, a primeira edición do Día da Bicicleta, unha gran festa deportiva aberta a veciños e veciñas de todas as idades. A cita desenvolverase no emblemático Paseo Marítimo do Burgo, un dos espazos máis concorridos polos afeccionados ao deporte no municipio. O evento está promovido por La Voz de Galicia e Radio Voz, e conta co patrocinio de Vegalsa, Eroski e Familia. 
 
A xornada arrincará ás 12:00 horas, con saída desde a explanada situada xunto á ponte do Burgo. As inscricións poderanse realizar no propio punto de saída desde unha hora antes, a partir das 11:00 horas. O Concello lembra que será obrigatorio o uso de casco para participar na marcha ciclista, cuxo percorrido discorrerá integramente polo paseo marítimo. 
 
A partir das 13:00 horas celebrarase un sorteo de agasallos entre todas as persoas participantes. Os premios incluirán unha bicicleta, experiencias gastronómicas e outros obsequios, como un smartwatch, uns auriculares, unha cafeteira italiana, unhas lentes deportivas ou equipamentos deportivos. Para pechar a xornada, ás 13:30 horas, terá lugar unha exhibición de zumba aberta a todo o público asistente. 
 
Co fin de que a xornada transcorra con total normalidade, o dispositivo de seguridade contará coa colaboración de Protección Civil, Policía Local e Garda Civil. 
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina