O Concello de Culleredo recibe á plataforma veciñal de Ledoño e reafirma o seu apoio para manter a rotonda

O Concello de Culleredo recibiu este martes, 19 de agosto, no Salón de Plenos á plataforma veciñal que defende a permanencia da rotonda de Ledoño na AC-523, na intersección coa estrada de Rumbo. O alcalde, José Ramón Rioboo, acompañado por membros dos diferentes grupos da corporación municipal, trasladou aos representantes veciñais o apoio do goberno local e detallou os próximos pasos que se seguirán nas seguintes semanas. 
 
O alcalde incidiu en que “dentro do proxecto do colexio unha das esixencias era mellorar a seguridade viaria na estrada, pero no canto de pensar na seguridade dos peóns, pensouse nos coches”, asegurou, algo que “non é aceptable”. 
 
Rioboo lembrou que a esixencia de eliminar a glorieta partiu da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) ao considerar que era a mellor opción. “Desde que os veciños constituíronse como plataforma, realizamos as consultas oportunas a través de asistencia técnica e o resultado foi claro: non hai ningún motivo legal para eliminar a rotonda, é unha cuestión técnica”, explicou. 
 
Durante o encontro no Concello, os veciños reiteraron que a glorieta é unha medida disuasoria da velocidade e, por tanto, unha infraestrutura de seguridade imprescindible. “Se se elimina, non se respectará a velocidade; a rotonda obriga a frear e garante a seguridade dos veciños, do pobo e de quen transita pola estrada”, sinalaron. 
 
Cabe lembrar que a demolición da rotonda estaba prevista para o pasado 18 de agosto, pero finalmente conseguiuse evitar tras a presión veciñal e do Concello. 
 
Neste sentido, Rioboo destacou que a comunicación coa administración autonómica intensificouse nas últimas semanas. “Hai uns días chamáronme para citarnos a unha reunión o vindeiro martes 2 de setembro, na que estaremos cos técnicos do Concello para coñecer de primeira man que expón a Xunta para mellorar a seguridade dos peóns. Tras ese encontro, convocaremos unha reunión informativa para trasladar aos veciños o resultado con todas as garantías”. 
 
A plataforma veciñal ten previsto reunirse mañá, mércores 20 de agosto, coa Deputación da Coruña, que, segundo avanzou Rioboo, non poñerá obxeccións a que a glorieta se manteña. 
 
“O Concello vai seguir con esta reivindicación, porque a rotonda é necesaria e os veciños teñen razón. A nosa obrigación é estar do voso lado, escoitarvos e traballar en conxunto para garantir a seguridade de todos”, apuntou o alcalde, que tamén quixo felicitar aos veciños “pola súa capacidade de organización e pola maneira en que están a reivindicar os seus intereses”.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina