Información sobre as obras de Emalcsa na avenida Electo Carballo

O Concello de Culleredo informa de que as obras que acaba de iniciar Emalcsa na avenida Electo Carballo, no Portádego, poden afectar á circulación normal pola zona. En concreto, os traballos iniciados onte pola empresa de augas están a realizarse na contorna da intersección coa estrada Nacional 550, e o tráfico está a ser regulado mediante semáforos.

Por este motivo, é recomendable empregar rutas alternativas a ese tramo da avenida Electo Carballo. En concreto, desde O Portádego en dirección a Fonteculler, pódense utilizar as rúas Xesús Rey Martínez e Amparo López Jean para evitar a zona das obras. E desde Fonteculler, é preferible continuar cara á Coruña pola rotonda da Pasaxe.

A información sobre estas opcións alternativas está dispoñible nas dúas cabeceiras da avenida Electo Carballo para informar ás persoas usuarias.

Os traballos de Emalcsa teñen como obxectivo a reparación dunha das tubaxes xerais que abastecen a cidade e a área metropolitana. Trátase dunha condución de 1200 mm de diámetro na que se detectou unha fuga, motivo polo cal foi necesario abrir a vía para executar os traballos.

O Concello de Culleredo entende a necesidade dunha actuación nun servizo esencial como é o abastecemento de auga, e agarda que as obras se completen canto antes para minimizar as molestias á cidadanía.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina