Culleredo viaxa ao Medievo co seu tradicional Mercado Templario do Burgo, que se celebrará do 3 ao 6 de xullo

O Mercado Templario do Burgo do Faro é fiel á súa cita anual e desenvolverase este ano desde o xoves 3 ata o domingo 6 de xullo. O Concello de Culleredo promove a cita, xa consolidada como elemento dinamizador do municipio ao atraer a centos de persoas.
 
Situarase, como é habitual, no Paseo Marítimo do Burgo, na contorna da ponte. O espazo recibirá a personaxes e contará con actividades da idade medieval, en conmemoración da época histórica na que a localidade foi referente.
 
A apertura será o xoves 3 de xullo, cando serán as primeiras animacións. Cada xornada haberá numerosos espectáculos, segundo a programación habitual do evento: pasarrúas, espectáculos de lume, trapecistas, batucadas, humor e personaxes como zancudos, seres mitolóxicos ou bufóns, entre outras moitas propostas.
 
Os postos serán variados, desde artesanía ata gastronomía. Para os pequenos e pequenas haberá un espazo aberto con xogos infantís, talleres e atraccións ecolóxicas. E a música será un son habitual no Mercado.
 

 

Vista previaAdxuntoTamaño
programacion_mercado_templario.pdf615.46 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina