O Concello de Culleredo estrea novo sistema para potenciar a participación cidadá na vida municipal. O goberno local convocou ás asociacións que figuran no rexistro municipal para darlle a coñecer os detalles da nova estrutura coa previsión de iniciar o traballo este mesmo mes.
O Concello de Culleredo busca a implicación da Xunta de Galicia no mantemento do centro ocupacional A Escada, dedicado á atención de persoas con diversidade funcional. O primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, trasladoulle a petición ao conselleiro de Política Social, José Manuel Rey.
O Concello de Culleredo continúa coa liña de mellorar a súa capacidade económica, cumprindo coas esixencias do Goberno de déficit para o 2015. Culleredo pecha o exercicio económico de 2015 en superávit e cun importante incremento do remanente de tesouraría. Así se desprende da liquidación orzamentaria que acaba de aprobar o goberno municipal.
A asociación de nais e pais do CEIP de Tarrío propúxose difundir entre os alumnos a figura de Miguel de Cervantes e promocionar a lectura do Quixote. E para iso buscou o vínculo co xogo que se atopa nos capítulos 11 e 12: o xadrez.
Os XXIV Xogos da Amizade de Judo reunirán este sábado, 2 de abril, a máis de 500 nenos en Culleredo. A cita vai realizarse no polideportivo do Colexio Rías Altas, a partir das 11:00, coa colaboración do Concello de Culleredo.
O Consello da Xunta aprobou a cesión do tramo cullerdense da AC-211, unha petición do Concello para facerse cargo da vía urbana que asume maior carga diaria de vehículos para adaptala ás necesidades dos seus veciños.
A Asociación DISMACOR en colaboración co Concello de Culleredo quere formar un grupo de preparación para as oposicións convocadas pola Xunta para persoas con discapacidade intelectual. O obxectivo é favorecer ás persoas con este perfil para tratar de superar a oposición e acceder ao posto.
A reapertura do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, referente de actividades e atención ao veciño na zona urbana, é inminente. O Concello de Culleredo ultima os traballos de remodelación e tramita agora a contratación da dotación de mobiliario para as oficinas municipais.
A clase e o porte dos coches clásicos sairán a pasear o domingo, 13 de marzo, polas estradas de Culleredo. O municipio acolle a terceira edición do rally de regularidade de vehículos históricos, organizado pola Escuadra Centola coa colaboración do Concello de Culleredo e da Deputación da Coruña.
A asociación cultural Bonsái Coruña e o Concello de Culleredo organizan este mes unha nova edición dos talleres de coidado de bonsáis. Celebraranse na Aula de Natureza do Burgo este domingo 13 (primeira edición) e o domingo 20 de marzo (segunda edición).
O Concello de Culleredo executa unha campaña de revisión das conexións á rede de sumidoiros, coa finalidade de corrixir aquelas que verten pluviais no saneamento. Esta actuación xa se desenvolveu nunha primeira fase na zona urbana e nunha segunda nas infraestruturas xerais da rede. Agora iniciouse unha terceira fase nas parroquias do rural do municipio.
O Concello de Culleredo amplía a programación de actos para conmemorar o Día da Muller. Nesta ocasión, a proposta municipal enfocará a celebración ás mulleres artesás de Culleredo, baixo o título de "Enfiando camiños".
O Concello de Culleredo terá en conta consideracións de tipo social nas súas contratacións. Así o aprobou o pleno onte, tras a moción presentada no seu día pola Marea Veciñal de Culleredo. Son un total de cinco os criterios sociais que se introducirán nos pregos de condicións administrativas particulares.
A conversión da Casa Rosa do Burgo nun centro de rehabilitación psicosocial entra na súa recta final. A Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) recibiu a cesión do inmoble por parte do Concello de Culleredo sen ningún tipo de canon para dar resposta á necesidade de atención ás persoas con estas doenzas e acometeu os traballos de restauración.
O Concello de Culleredo incorporou numeroso equipamento ao servizo municipal de Emerxencias, incluíndo á agrupación de voluntarios, para lograr intervencións máis numerosas e eficaces. Equipos de última xeración permiten actuacións rápidas en casos de incendios ou accidentes, reforzando o servizo de primeira intervención para os veciños de Culleredo.
O Concello de Culleredo defende que a AC-213, vía autonómica que conecta O Burgo con Almeiras e Sigrás, non pode esperar máis a unha actuación de remodelación. Por iso fixo un proxecto de remodelación que xa foi trasladado á Xunta.
O Concello de Culleredo colocou sinalización luminosa na contorna da zona escolar de Acea de Ama para aumentar a seguridade viaria. Cada día lectivo pasan pola zona centos de alumnos do CEIP Isaac Díaz Pardo e Sofía Casanova, así como do novo IES, ao que hai que engadir a gran afluencia de nenos e mozos ao parque deportivo, e por iso optouse por reordenar a sinalización e colocar nos diversos accesos indicacións dos pasos de peóns.
O Concello de Culleredo deseñou unha variada programación de Entroido, con opcións para nenos e maiores, e residentes na zona urbana ou rural, como festexo arraigado que está no municipio
O Concello proxecta a mellora e ampliación das instalacións recreativas da contorna da lagoa de Fonteculler, co afán de seguir incrementando o uso do paseo marítimo a todos os rangos de idade. A pista de skate e o parque infantil serán renovados e instalarase unha nova pista multideporte.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER