Culleredo viviu un intenso fin de semana futbolístico. O Concello celebrou as finais das súas emblemáticas competicións: o Trofeo de Fútbol Afeccionado, que alcanzou o seu XXXIX edición, o XIX Trofeo de Veteranos, e o IV Torneo de Fútbol Base.
Culleredo celebra esta semana a cuarta edición do Campus de Patinaxe Inclusivo, iniciativa do club Aura en colaboración co Concello e que conta co Premio á Intregación Social mediante o Deporte, concedido pola Fundación María José Jove en 2014.
A parroquia cullerdense de Veiga contará cun novo espazo público. A familia Díaz Patiño doou de forma totalmente gratuíta un terreo labradío de 1.246 metros cadrados de extensión ao Concello de Culleredo, co obxecto de que o dedique ao uso veciñal.
Con obxecto de incrementar a seguridade viaria, o Concello de Culleredo leva a cabo un plan de reforzo da sinalización horizontal nas rúas do municipio. Está centrado nos puntos que requiren dunha mellora do pintado, que polo uso foise desgastando.
A reparación da rede de semáforos era unha das prioridades do Concello de Culleredo tras recibir a cesión da AC-211 por parte da Xunta de Galicia. A día de hoxe, a rede xa foi reparada e atópase en estado óptimo para regular a circulación na vía pública.
O Concello de Culleredo executa outra actuación para continuar completando o servizo de saneamento no municipio. Nesta ocasión, o goberno local leva a cabo a dotación de rede de recollida de fecais e tamén de recollida de augas pluviais na zona de Valiñas e Sueiro.
A boa saúde económica do Concello de Culleredo volve quedar de relevancia na conta xeral do pasado exercicio 2015, que foi aprobada na Comisión Especial de Contas e que está agora exposta ao público. Todas as magnitudes económicas presentan bos resultados, consolidando o crecemento da economía local.
O Concello de Culleredo puxo en marcha desde o mes de xullo o programa Verán Movidiño, que ten como obxectivo promocionar o deporte e os hábitos saudables entre toda a cidadanía. Non importa a idade, é gratuíto e tampouco fai falta apuntarse, simplemente desprazarse polos cinco puntos nos que se realiza a actividade a diario por parte dun monitor especializado.
O partido de afeccionados do Trofeo de Fútbol entre o Portádego e o Olímpico terá finalmente lugar o domingo 21 de agosto, ás 17.45 horas, no campo de fútbol do Carrizo.
O primeiro tenente de alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, visitou hoxe xunto ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o centro de saúde do Portádego co obxectivo de analizar as necesidades do centro e ver as posibles solucións para a apertura do ambulatorio no mes de setembro.
O Concello de Culleredo inicia a licitación dos traballos para a rehabilitación da ponte sobre a vía de tren no Burgo, na rúa Alfonso VII. A infraestrutura foise deteriorando co paso do tempo e por iso o goberno local decidiu incluír o seu arranxo no plan de obras deste ano.
O Concello de Culleredo elixiu os patios de todos os colexios de educación infantil e primaria do municipio para executar unha dos maiores investimentos do ano. O Concello acaba de publicar a licitación, por unha contía de 208.112,82 euros, a renovación dos parques do CEIP Isaac Díaz Pardo (O Burgo), CEIP Ría do Burgo (Fonteculler), CEIP Sofía Casanova (Vilaboa) e CEIP Tarrío.
O Concello de Culleredo acolle esta semana unha campaña especial de doazón de sangue. Neste verán, os hospitais precisan preto de 500 doazóns de sangue cada día para atender a todos os enfermos e por iso o Concello fai un chamamento á cidadanía para participar nesta iniciativa solidaria.
O Concello de Culleredo impulsará para o ano que vén unha medida innovadora para minimizar o ruído excesivo nas festas. O goberno local aposta por unificar o fío musical dos postos e así garantir que se cumpre o volume e o horario que marca a normativa da Xunta de Galicia.
A zona rural de Culleredo tamén conta desde este ano co programa municipal de clases de reforzo escolar do Concello. Para ofrecer este servizo educativo tamén aos veciños destas parroquias, o goberno local creou un grupo no Centro Cultural de Ledoño.
O Concello de Culleredo publica a licitación da obra para obter o segundo parque infantil cuberto do municipio. A iniciativa probada no parque da Corveira está a ser satisfactoria, ao permitir incrementar o uso da instalación infantil, e por iso o goberno municipal aposta agora por cubrir o de Ledoño, que ademais será modernizado.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER