O Concello de Culleredo celebrou a Xunta Local de Seguridade, órgano de coordinación entre as forzas de seguridade. Segundo os datos da Garda Civil, constatouse que a media de delincuencia se sitúa en Culleredo na media da provincia.
O Concello de Culleredo proporá ao pleno ordinario da corporación, que terá lugar o xoves 29 ás 20.30 horas, varios cambios en ordenanzas de cara ao exercicio 2017. Entre eles atoparase un tipo especial no imposto sobre vehículos de tracción mecánica (comunmente chamado imposto de circulación) para os de tipo eléctrico, tendo en conta os beneficios ambientais que supoñen.
O Concello de Culleredo lanza aulas de reforzo educativo para impartir clases de apoio aos alumnos do municipio tras a conclusión do horario lectivo e para preparar as probas libres da ESO. A inscrición está aberta ata o 30 de setembro.
O Concello de Culleredo prosegue co seu plan de actuacións de ampliación do servizo de saneamento no municipio. Nesta ocasión comezou unha obra de instalación de colectores no centro de Tarrío, completando así a rede de recollida de fecais.
O Concello de Culleredo xa executa o proxecto de mellora do pintado do polideportivo municipal do Burgo. A actuación cambiará por completo o aspecto da infraestrutura xa que se está creando un gran grafiti que decorará todo o exterior, tratando de combater o efecto das pintadas que continuamente se producían.
O Concello de Culleredo tramita as obras de dotación de iluminación LED na Zapateira, nas rúas Río Mandeo e Montespiño. A actuación sumarase á construción de beirarrúas e instalación de rede de pluviais xa realizada nestas dúas rúas, de elevado uso polos veciños da zona e polos dous colexios aos que dá servizo.
O paseo marítimo do Burgo será escenario mañá venres, día 16, e o sábado 17, do festival-romaría que organiza a agrupación Catalmibre Tradicional, en colaboración co Concello de Culleredo. Baixo a denominación de "Folk n Cros", trátase xa dunha proposta consolidada na comarca e que atraerá por centos de persoas ao municipio.
Os novos veciños de Culleredo procedentes doutros países terán á súa disposición unha formación específica para axudarlles no seu novo fogar. Unha iniciativa da ONG Mestura co Concello de Culleredo dará un curso de benvida aos inmigrantes recentemente chegados ou que se asentaron no municipio nos últimos anos.
Tras as obras de rehabilitación acometidas no soto e na planta baixa, o Edificio de Servizos Múltiples do Burgo volve estar plenamente operativo. As oficinas municipais e o rexistro auxiliar xa funcionan desde onte, ofrecendo atención ao cidadán no corazón da trama urbana.
O Concello de Culleredo informa de que se detectou un erro no folleto de actividades deportivas para o novo curso. Aínda que non figura, tamén se lanzou un grupo de ioga para o núcleo de Cordeda, con horario de 20.00 a 22.00 horas os martes.
O inicio do curso escolar preséntase en Culleredo cunha redución nos monitores de apoio dos comedores escolares. A decisión pode supor unha menor atención aos pequenos e por iso o Concello de Culleredo, os pais e os docentes suman forzas para pedir á Xunta de Galicia que cambie o criterio
O Concello de Culleredo e AEAL (Asociación Española de Afectados por Linfomas, Mielomas, Leucemias e Síndromes Mielodisplásicos) conmemorarán o Día Mundial do Linfoma , o próximo 15 de setembro, cun programa especial na emisora municipal de radio co obxectivo de sensibilizar á cidadanía sobre a enfermidade.
O Concello de Culleredo comeza este venres, 9 de setembro, a súa tempada de exposicións culturais. Como vén sendo habitual, o Concello ofrece unha exposición mes a mes para levar as distintas manifestacións artísticas aos cidadáns de Culleredo.
O Concello de Culleredo iniciou os traballos de arranxo no polideportivo municipal do Burgo, instalación deportiva que acolle unha gran actividade no municipio. En concreto, a actuación municipal consiste na renovación do pintado, que en partes se foi deteriorando e no exterior sufriu da acción das pintadas.
O Concello de Culleredo acaba de recibir os resultados das medicións que encargou pola súa conta para verificar que se cumpre o plan de illamento acústico de Aena con motivo da ampliación da pista do aeroporto de Alvedro. Estas últimas medicións foron realizadas no Burgo, na contorna da praza de Europa, para dar resposta á inquietude transmitida polos veciños e obter así maior seguridade.
O Concello de Culleredo celebrou unha mesa de contratación cun elevado número de proxectos en tramitación. En concreto, o Concello avanzou na contratación de obras por un montante total de 937.748,07 euros.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER