Protección Civil tira de enxeño para loitar contra a avespa asiática

A proliferación da avespa asiática en Galicia faise notar tamén en Culleredo. Esta especie invasora levou un bo número das intervencións do servizo municipal de Protección Civil o ano pasado, que retirou 210 niños, duplicando a cifra do ano anterior.
 
Aínda que a competencia na materia é da Xunta de Galicia, o Concello de Culleredo asumiu todos aqueles casos aos que podía acceder cos seus propios medios para dar unha resposta máis rápida aos veciños. E segundo despréndese das táboas de resultados logrouno: Protección Civil retirou moitos niños o mesmo día do aviso ou ao día seguinte.
 
O enxeño tivo moito que ver. O servizo ideou un sistema que permite de forma sinxela que un só operario retire niños. Normalmente o que utiliza a Xunta conta cunha bomba que dispara o veleno polo tubo adherido a unha pértega para chegar até o niño. Isto require dunha persoa bombeando e outra coa pértega.
 
O invento de Protección Civil consistiu en empregar un barril de cervexa. Dentro leva o veleno e aire comprimido, co tubo da pértega conectado. Desta forma a través da pértega pódese inxectar con presión o veleno no niño de forma moi rápida. Os efectivos municipais tamén contan con traxes para protexerse nas súas tarefas.
 
É un sistema fácil de transportar, de uso sinxelo, resultado rápido e efectivo e de baixo custo, xa que o único gasto é o do veleno.
 
O primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, aplaude a idea dos efectivos para atender de forma case inmediata os avisos veciñais. "Damos prioridade aos avisos de niños en vivendas ou lugares públicos", apunta.
 
Froito deste traballo, retiráronse en sitios variados como alpendres, cuartos de apeiros de labranza, tellados, muros, árbores, valos, paredes ou do propio chan. En canto a espazos públicos, retiráronse na ponte da AVE de Boedo, na Universidade Laboral, no paseo do río Trabe, nunha parada de bus en Orro, no Centro Loxístico de Transportes, ou en varias pistas deportivas ao aire libre.
 
Por meses, o de agosto foi o de maior actividade, con 74 niños, e setembro con 43, aínda que se retiraron en case todo o ano. Nos meses de setembro e outubro apareceron niños de maior tamaño, liderando o ranking o quitado en outubro dunha camelia de Tarrío, cun metro de diámetro. Cabe sinalar que os niños situados en grandes alturas corresponden á Xunta.
 
Avisos veciñais
 
Protección Civil pide aos veciños que dean avisos cando detecten un posible niño para a súa avaliación. O procedemento consiste en chamar ao 012, número gratuíto da Xunta, desde o que se abre o parte correspondente e establécese a coordinación co servizo municipal.
 
É importante tratar de dar cos niños na primavera, de pequeno tamaño ao estar en xestación. A súa erradicación nesa época evita que aparezan os grandes niños no verán e principios de outono.
 
O Concello de Culleredo está a realizar grandes esforzos para actuar ante a proliferación da avispa asiática e as molestias que xeran aos veciños, pero o gobienro local espera un plan da administración autonómica, competente, para dispor de protocolos coordinados e efectivos a un problema xeral en Galicia.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina