Fondo pesar en Culleredo polo falecemento de Celestino Poza

O Concello de Culleredo manifesta o seu fondo pesar e consternación polo falecemento de Celestino Poza Domínguez na madrugada de hoxe. Foi concelleiro da corporación desde 1983 ata 2011, un total de 28 anos nos que exerceu sempre cargos dentro do grupo de goberno.
 
Celestino Poza asumiu diferentes áreas de goberno na súa traxectoria política municipal, sempre co alcalde, Julio Sacristán. Empezou na área de Facenda e logo tivo responsabilidades noutras como Policía, Formación e Emprego, Xuventude ou Cultura, sendo esta última a que dirixiu máis anos converténdose nun dos principais impulsores do desenvolvemento da actividade cultural en Culleredo.
 
A prolífica programación cultural permanente que hoxe en día vive Culleredo foi promovida por Celestino Poza, levando o teatro, as exposicións, a música e todo tipo de manifestacións artísticas ao municipio. Tamén foi pioneiro na creación das escolas-taller na súa etapa á fronte de Formación e Emprego. 
 
Ademais dirixiu varios anos a área de Cultura da Deputación da Coruña. Como pintor desenvolveu unha intensa actividade, con numerosas exposicións nos últimos anos, algunha tamén nas salas do Concello de Culleredo. 
 
O alcalde destaca o "inconmensurable traballo en beneficio dos veciños de Culleredo" de Celestino Poza, con quen compartiu entrada na política. É unha "figura referente", afirma, ao lograr levar todo tipo de actos culturais á cidadanía cullerdense.
 
A noticia do falecemento xerou profunda dor entre a corporación e o persoal de traballadores do Concello, moi próxima a Poza e a súa familia. 
 
Descanse en paz.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina