A ría do Burgo acolle a V Andaina contra a violencia de xénero

A V Andaina pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero, unha iniciativa dos nove concellos do Consorcio As Mariñas entre os que se atopa Culleredo, terá lugar o sábado 26 de novembro, na contorna da ría do Burgo. O Concello anima a cidadanía a sumarse á marcha.
 
O punto de encontro será ás 10.30 horas no Centro Cultural A Fábrica de Santa Cristina (Oleiros). Desde alí, os asistentes bordearán a ría do Burgo, pasando polos concellos de Oleiros, Cambre e Culleredo. O final do percorrido está previsto para as 12.30 horas, alcanzando de novo, o punto de partida.
 
Un itinerario de 8 quilómetros que simbolizará o rexeitamento destes concellos cara á violencia de xénero. Como colofón final, ás 12.35 h. terá lugar o acto conmemorativo que terminará ao redor das 13:00 h. 
 
Na última Andaina, o Consorcio congregou a máis de 300 asistentes que mostraron a súa oposición contra a violencia de xénero. Con todo, espérase que a marcha deste ano reúna a un maior número de persoas. Para iso, o Concello anima a todos os veciños a sumarse á loita contra os malos tratos. Como símbolo do seu compromiso, os participantes recibirán, como en marchas anteriores, unha camiseta identificativa coa lema da Andaina.
 
Aínda que a Andaina está organizada polo equipo de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas, o acto conta tamén coa colaboración dos concellos de Cambre, Culleredo e Oleiros.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina