O Concello de Culleredo e o CEIP Ría do Burgo organizan a oitava edición de Cullerciencia, unha feira xa consolidada en Galicia e que reúne cada ano a centos de visitantes. Será o vindeiro sábado, 6 de xuño, no paseo marítimo do Burgo, e nesta ocasión chega cun horario ampliado, de 12:00 a 20:00 horas, para propiciar que os visitantes gocen de todos os proxectos.
O Concello de Culleredo volve facilitar a conciliación das familias este verán coas Mañás de Campamento. Con esta proposta, as nenas e nenos poderán gozar de todo tipo de actividades de convivencia do 22 de xuño ao 28 de agosto, durante as vacacións escolares.
As nenas e nenos do Concello de Culleredo teñen a diversión garantida nas vacacións de Semana Santa. Un ano máis, a área de Cultura, Educación, Deportes e Participación Cidadá pon en marcha o Campamento de Primavera, unha iniciativa que facilita a conciliación das familias durante o período non lectivo.
O CRA de Culleredo, centro público para alumnado de Educación Infantil de 3 a 6 anos composto por catro escolas do Concello de Culleredo, comeza as súas xornadas de portas abertas o próximo 28 de xaneiro. Estas xornadas de portas abertas estenderanse ata o próximo 28 de febreiro.
O Concello de Culleredo ten en marcha os seus campamentos de verán para a conciliación cunha gran acollida entre as familias. Un total de 450 pequenos e pequenas de 3 a 12 anos de idade participan nalgunha das quendas que funcionarán os meses de xullo e agosto.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER