Culleredo impulsa un novo campamento de conciliación durante as vacacións de Nadal

O Concello de Culleredo volve apostar, un ano máis, por ofrecer ás familias do municipio unha alternativa de lecer educativo durante as vacacións escolares de Nadal. Con este obxectivo, a área de Cultura, Educación, Deportes e Participación Cidadá pon en marcha o campamento “A Misión da Garda do Nadal”, pensado para facilitar a conciliación nos fogares durante estas datas. 
 
A iniciativa está dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, matriculados en Educación Infantil ou Educación Primaria. O campamento desenvolverase no CEIP Vila de Rutis os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro, así como os días 2, 5 e 7 de xaneiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tamén se ofrecerán servizos complementarios de almorzo, con horario de 7:30 a 9:00 horas, e de xantar, con horario de 14:00 a 16:00 horas. 
 
O prazo de preinscrición abrirase o luns 24 de novembro ás 9:00 horas e permanecerá dispoñible ata o 28 de novembro ás 14:00 horas. Este ano increméntase o número de prazas, que pasará a ser de 120 participantes. Terán preferencia as persoas empadroadas en Culleredo que acrediten debidamente a necesidade de conciliación. A lista de persoas admitidas publicarase o 3 de decembro. 
 
Toda a información, así como o formulario de preinscrición, pode consultarse na páxina web oficial do programa:
Vista previaAdxuntoTamaño
informacion_campamento_nadal_2526.pdf592.92 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina