O goberno de Culleredo combate o fracaso escolar cun programa público de apoio aos escolares durante o verán. Trátase dunha serie de talleres encamiñados a apoiar e colaborar cos alumnos cullerdenses que teñen materias pendentes para os exames de setembro ou ben que desexan mellorar as súas técnicas de estudo.Tamén ofertánse clases dirixidas a mozos para a obtención do título graduado en Educación Secundaria. O prazo de matrícula está aberto ata este venres 28 de xuño.
O goberno de Culleredo esixe celeridade á Xunta de cara a construír o novo colexio e instituto que eviten a maior saturación das aulas. A Mesa de Escolarización da resposta a todos os nenos de Culleredo, pero a demanda supera ao número de prazas existentes, o que obliga á Xunta a habilitar aulas provisionais no CEIP Ría do Burgo e no IES Blanco Amor.
Os alumnos de 6º de Primaria do CEIP Isaac Díaz Pardo do Burgo recibiron unha visita moi especial: a campioa olímpica Sofía Toro. Os nenos departiron coa medallista, formulándolle todas as dúbidas e cuestións sobre o seu traballo. No acto estivo presente a concelleira de Educación, Carmen Varela, que destacou de Toro que a pesar de converterse en alguén recoñecido, "mantén a súa proximidade".
A Tarriomería, evento organizado pola ANPA e CEIP coa colaboración do Concello de Culleredo, reuniu onte sábado 25 a centos de pais, alumnos, ex alumnos, veciños e amigos do centro. Desde as 10.30 e ata as 20.00 horas, as instalacións do colexio acolleron exhibicións de patinaxe, karate, aerobic, judo, ou ballet; inchables; talleres; actuacións musicais; comida de confraternización; contacontos; xogos de familia; e baile e karaoke.
Un total de 150 escolares de 5º curso de Educación Primaria participan nun programa didáctico que impulsa o goberno de Culleredo para dar a coñocer os elementos patrimoniais máis fermosos do municipio aos pequenos. O colexio de Tarrío, o Ría do Burgo e o Díaz Pardo toman parte no programa que achega aos nenos á torre de Celas, pazo de Vilaboa, igrexa do Burgo e ponte sobre a ría.
O Concello de Culleredo desenvolve esta semana unha actividade, en colaboración coa agrupación Ancoradoira, para ensinar aos escolares as características do folclore galego. Na actividade, denominada “Musícate” participa o alumnado de 4º de Educación Primaria do CEIP Sofía Casanova (Vilaboa) e do CEIP Ría do Burgo (A Corveira). O alumnado nocións básicas acerca do traxe tradicional galego, instrumentos musicais e bailes típicos galegos. Ademais, aprenden a bailar un deles.
O Concello de Culleredo presenta a oferta de campamentos de verán 2013 e anuncia a apertura do prazo para a solicitude de praza. As actividades que se programan ofrecen unha alternativa de lecer para os nenos e nenas nos meses de verán, á vez que proporcionan un servizo de conciliación demandado cada ano polas familias dos pequenos. As solicitudes de praza, xunto coa documentación que se esixe, presentaranse no Servizo municipal de Educación (edificio do Conservatorio municipal de música) desde o día 15 ata o 19 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
O Concello de Culleredo celebrou o Día Mundial da Auga centrando a atención sobre a importancia da auga doce e de avogar por unha Xestión Sustentable dos recursos hídricos. A Concellaría de Educación organizou o “I Concurso cartel-slogan :consumo responsable da auga" entre a poboación escolar. do que foi gañador Diego Núñez Pereiro de 6º de Primaria do CEIP Sofía Casanova. A aula gañadora que foi a de 6º B.
A Coral e o Grupo instrumental municipal de Culleredo actuaron no Salón de actos do Conservatorio, para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria dos colexios Díaz Pardo, Ría do Burgo, Sofía Casanova e Tarrío na V edición do Concerto Didáctico de Primavera. Interpretaron diversas pezas tradicionais galegas e mesmo invitaron aos nenos a colaborar con eles.
A Concellaría de Educación de Culleredo puxo en marcha unha nova edición da actividade de educación viaria denominada “Videoforum de seguridade viaria". Participaron na mesma 117 alumnos e alumnasde 4º da ESO do IES Blanco Amor. Coa actividade, realizada nas aulas hoxe 6 de marzo, o Concello fomenta a concienciación para adoitar boas actitudes nas rúas dos mozos cullerdenses.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER