Culleredo ofrece clases públicas de reforzo en verán para aplacar o fracaso escolar e preparar o título de ESO

O goberno de Culleredo combate o fracaso escolar cun programa público de apoio aos escolares durante o verán. Trátase dunha serie de talleres encamiñados a apoiar e colaborar cos alumnos cullerdenses que teñen materias pendentes para os exames de setembro ou ben que desexan mellorar as súas técnicas de estudo.

O programa, denominado "Ponte a punto", vai dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, así como ao de 1º, 2º, 3º e 4º de Secundaria e ao de PCPI. A Concellaría de Educación inclúe no programa os seguintes talleres:

  • RefórzaT, consistente nun apoio e reforzo ás aprendizaxes escolares
  • ConciénciaT, con accións potenciadoras do ensino das ciencias e as matemáticas con metodoloxías divertidas
  • Estudo con TecniK, que traballará unha serie ferramentas que proporcionen unha mellora do rendemento e faciliten o proceso de memorización

As actividades desenvolveranse desde o 4 de xullo ata a primeira semana de setembro nas dependencias municipais do Conservatorio de Música, situado no Burgo. Terán lugar os martes e xoves en horario de 10.00 a 12.00 horas.

A concelleira de Educación, Carmen Varela, explica que coa iniciativa o goberno de Culleredo pretende pór o seu "grao de area" para aplacar o fracaso escolar, proporcionándolles ás familias unha axuda extra nun período tan necesario como o verán. O programa procura por unha banda motivar aos escolares de cara ao éxito escolar e por outro mellorar o seu rendemento a través de ferramentas e técnicas de estudo.

Un dos colectivos obxectivo para o plan son os escolares con risco de abandono. Cos talleres, o Concello quere contribuír a mellorar as súas competencias básicas e previr así dese abandono escolar.

Neste mesmo plan de educación, o Concello de Culleredo oferta tamén clases dirixidas a mozos de idades de 18 a 24 anos para a obtención do título graduado en Educación Secundaria, de cara ás probas libres do mes de setembro.  Neste caso, a actividade comeza o día 3 de xullo e terá lugar os luns e mércores de 10.00 a 12.00 horas, no edificio do Conservatorio.

As clases axudarán aos alumnos a desenvolver os contidos dos exames e así mesmo recibirán orientación de cara ás posibles saídas laborais ou académicas que poidan ter tras superar a proba.

O prazo de matrícula para o programa "Ponte a punto" está aberto ata este venres 28 de xuño. Os interesados poden formalizala no departamento municipal de Educación situado no propio Conservatorio.

Vista previaAdxuntoTamaño
ponte_a_punto_veran_2013.pdf332.47 KB
probas_libres_eso.pdf252.08 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina