O Concello de Culleredo abre este venres o prazo de inscrición para os campamentos urbanos do verán deste ano 2015.
O Concello de Culleredo xa ten en marcha as obras de urbanización da parcela que acollerá un novo colexio de educación infantil e primaria. Sitúase na avenida de Rutis, entre Vilaboa e O Burgo, e o proxecto ten como obxectivo dotar ao terreo dos servizos necesarios para a construción do centro de ensino.
O Concello de Culleredo abriu as súas portas aos máis pequenos do municipio. Os escolares, de 4º de educación primaria, iniciaron hoxe o programa de educación constitucional promovido polo goberno local para facerlles chegar a forma de traballar da administración municipal.
O salón de plenos de Culleredo viviu o venres a súa reunión máis ilusionante e multitudinaria. O Concello organizou a XV edición do pleno infantil coa participación de 210 alumnos de 6º de Primaria dos CEIP de Tarrío, Ría do Burgo, Sofía Casanova e CPR Ponte Pasaxe.
O Concello de Culleredo organiza un taller, en nivel de perfeccionamento, de lingua de signos. Para asistir é necesario acreditar que se posúe nivel básico. A formación terá lugar en Vilaboa, no pazo de Vila Melania, desde 13 de outubro ao 1 de decembro.
O Concello de Culleredo lanza varios programas educativos para este curso: aulas de reforzo escolar, clases de apoio para preparar as probas libres coas que se pode obter o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), e a Escola de Nais e Pais.
O Concello de Culleredo tamén apoia aos pais e nais no seu traballo educativo cos seus descendentes. O goberno local abre a inscrición na Escola de Nais e Pais, un proxecto que pretende servir de apoio aos participantes no desempeño do seu papel cos seus fillos.
O Concello de Culleredo abre os centros educativos, tras a conclusión da actividade lectiva, para levar a cabo clases de apoio aos alumnos do municipio, en Primaria e Secundaria. O prazo de inscrición está aberto ata o 3 de outubro.
O novo curso escolar comezará con melloras efectuadas polo Concello de Culleredo en todas as gardarías, escolas unitarias e colexios do municipio. Trátase dun conxunto de traballos de acondicionamento trasladados polos directores dos centros e que o Concello acomete para incrementar as prestacións aos alumnos.
O Concello de Culleredo e a Deputación da Coruña acordaron o cofinanciamento para urbanizar a parcela onde se emprazará un novo colexio de educación infantil e primaria. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, acudiu onte á Deputación para asinar o convenio polo que o ente provincial achegará o 55% da contía e o Concello o restante 45%.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER