Os campamentos urbanos do Concello xuntan a case 400 pequenos

Esta edición dos campamentos urbanos de verán do Concello de Culleredo está sendo multitudinaria. O goberno municipal logrou incrementar as prazas para previstas, para poder dar servizo a todas as familias cullerdenses que as solicitaron.

En total, son case 400 os participantes nos campamentos, residentes no municipio. Son nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que están cursando actualmente desde 4º de educación infantil ata 6º de educación primaria.

Os campamentos teñen lugar nas instalacións cedidas polos centros escolares Díaz Pardo, Ría do Burgo e Sofía Casanova e nos polideportivos municipais. Como cada ano, o horario de campamento é de 9:00 a 14:00h, co servizo complementario de xantar de 14:00 a 15:30h.

A concelleira de Educación, Carmen Varela, visitou esta semana os campamentos, nunha actividade conxunta dos grupos que desenvolveron no parque de Acea de Ama, unha das saídas que efectúan. A edil comprobou o bo rato que están a pasar os pequenos, á vez que traballa educación en valores.

“Os campamentos son espazos tanto lúdicos como didácticos”, sinala, onde se traballan valores de respecto, tolerancia, coeducación, non violencia, ou hábitos saudables. “Por iso cremos que este esforzo por admitir a todos os cullerdenses ben merece a pena”, sinala.

Os pequenos desenvolverán actividades como xogos, deportes, confección de disfraces, construción de instrumentos musicais, pintado de murais, creación de esculturas…

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina