O retraso na licitación por parte da Xunta fai que novo IES non poda abrir co inicio do curso 15-16

O Concello de Culleredo e representantes da ANPA do municipio mantiveron onte a reunión solicitada polo Consello Escolar Municipal coa Consellería de Educación. O asunto principal consistía na demandada construción dun novo IES para Culleredo, que o conselleiro anunciou publicamente que sairía a licitación este mes de xullo.

O xefe territorial de Educación confirmou esta previsión á concelleira de Educación de Culleredo, Carmen Varela, así como ás representantes das asociacións de pais presentes no encontro. Segundo sinalou, as estimacións da Xunta de Galicia pasan pola licitación este mes de xullo para que poida comezar a obra no mes de novembro.

Dado que o prazo previsto para executar os traballos é de 12 meses, isto significa que o novo centro, que se situará en Acea de Ama, non poderá abrir as súas portas ata o mes de novembro de 2015, dous meses despois do inicio do curso escolar.

Esta información foi a mesma que lle transmitiu tras a reunión o propio conselleiro a Carmen Varela, nun acto de visita ao Centro Residencial Docente da Universidade Laboral.

Esta situación, de confirmarse, levará a adopción de medidas provisionais para poder acoller a todos os alumnos de Educación Secundaria nas aulas. As previsións de escolarización apuntan a que ese curso entrarán un centenar de alumnos máis do habitual desde 6º de Primaria.

Tanto o Concello de Culleredo como os pais veñen advertindo de que a demora no inicio da obra podería traer consecuencias graves, dado que o IES Blanco Amor atópase xa saturado e non ten a capacidade para acoller en 2015 ese incremento de estudantes. De producirse a licitación en marzo, como estaba previsto, non serían necesarias medidas provisionais.

A solución provisional podería pasar ben pola instalación de módulos prefabricados ou ben por crear quendas de mañá e quendas de tarde no IES Blanco Amor. Desta forma, os primeiros meses do curso organizaríanse así e poderíase acometer o traslado cando concluísen os traballos.

Na reunión, todas as partes decidiron fixar unha reunión para o mes de maio de 2015 para analizar o avance das obras e determinar as medidas provisionais.

En calquera caso, o Concello pide á Xunta de Galicia que "axilice cada unha das fases do procedemento" para tratar de apurar os prazos. O goberno local sostén que o adianto de dous meses para evitar esas medidas provisionais é de "máximo interese para evitar molestias aos alumnos con traslados durante o curso".

O goberno local valora a reunión de hoxe e celebra que a Xunta confirme que a licitación será inmediata, unha "boa noticia", moi esperada pola comunidade educativa de Culleredo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina