O CRA de Culleredo celebrará xornadas de portas abertas do 28 de xaneiro ao 28 de febreiro

O CRA de Culleredo, centro público para alumnado de Educación Infantil de 3 a 6 anos composto por catro escolas do Concello de Culleredo, comeza as súas xornadas de portas abertas o próximo 28 de xaneiro. Estas xornadas de portas abertas estenderanse ata o próximo 28 de febreiro.

As citas para concertar unha visita pódense solicitar a través do correo electrónico cra.culleredo@edu.xunta.gal ou chamando por teléfono ao 981 66 20 94. As visitas realizaranse de forma individualizada con cada unha das familias que soliciten cita.

Composto pola escola A Choeira, a escola de Sésamo, a escola de Ledoño e a escola de Vinseira, o CRA Culleredo traballa nunha contorna natural con grupos reducidos de rapazas e rapaces. Conta con profesorado especializado en educación infantil, inglés, audición e linguaxe, educación física, música e relixión.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina