As aves serán as protagonistas de Culleredo esta semana. Desde o luns 12 ao sábado 17, o Concello organiza o seu primeiro Festival das Aves da ría do Burgo, unha cita que pretende enxalzar o valor ambiental do estuario a nivel ornitolóxico.
As actividades irán destinadas desde o luns ao venres para os escolares a través do Servizo Municipal de Educación. Pon en marcha un programa de educación ambiental no que participarán máis de 200 alumnos de 5º de Primaria de todos o CEIP do municipio.
O sábado 17 terá lugar unha xornada de ornitoloxía neste I Festival de Aves. Pola mañá, de 10.00 a 13.00 horas, terá lugar unha observación de aves á altura do xardín botánico, cunha exhibición de telescopios e prismáticos de Swarovski Optik. Na aula de Natureza haberá actividades para familias, todas gratuítas: anillamiento científico de aves silvestres e fabricación de comederos con materiais de reciclaxe.
Pola tarde celebrarase unha homenaxe a Juan Lembeye Lartaud, naturalista que dá nome á Aula de Natureza. Será de 18.00 a 20.30 horas e contará coas intervencións de expertos na materia. Ademais celebrarase un mercadillo naturalista de trueque.
Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...
Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER